Reanúdase a procura de Lino Fiuza con cans da Garda Civil

07:18 11/03/16

A procura de Lino Fiuza segue en pé mes e medios despois da súa desaparición polos montes entre Carnota e Muros. Cada fin de semana ducias de veciños acompañan a un completo dispositivo de busca, que incluíu ata drones.
Esta fin de semana, a familia fai unha petición especial: “esta tarde de venres 11 e o sábado 12 de marzo pola mañá, que ninguén suba o monte (de Carnota e de Muros), para non molestar nin contaminar, porque vai estar un can traballando ca Garda Civil e queremos que faga ben o seu traballo”.
Novas relacionadas- 19-02-16: Reanúdanse as visitas organizadas para a búsqueda de Lino Fiúza.
- 11-02-16: Continúa a busca do veciño de Carnota desaparecido o pasado 30 de xaneiro
- 04-02-16: A familia do desaparecido de Carnota denuncia a falta de medios humanos para rastrexar o monte
- 02-02-16: Carnota suspende o Entroido en solidariedade coa familia de Lino do Corbeiro
- 01-02-16: Máis de 80 persoas participan na búsqueda do septuaxenario desparecido en Carnota
- 30-01-16: Continúa a busca de Lino do Corbeiro polos montes de Carnota e Muros
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)