Rematadas as obras da ponte do Ézaro


Remataron as obras da ponte o Ézaro, a ponte da AC-550 ao seu paso pola unión entre os concellos de Dumbría e Carnota. A ponte loce nova sinalización, e xa está aberta ao tráfico.
A ponte ten un peso limitado a 35 toneladas (en breve colocaranse os sinais para os grandes camións) e o tráfico xa pasa con normalidade, pois ata agora había un só sentido de circulación ordenado por un semáforo provisional.

6 meses de retraso
Estamos afeitos a esta clase de retrasos na entrega de obras, pero non está demais repasar a hemeroteca para coñecer a realidade das nosas obras.
A obra era adxudicada en agosto do ano pasado cun prazo de execución de 3 meses. Isto é, debería estar rematada en decembro. En marzo aseguraban que a ponte ía estar lista en abril, pero finalmente, e 6 meses depois do prometido, a obra foi rematada esta semana de maio.
Menos mal que chegaron para as probas deportivas como ou o Gran Fondo ou a Volta Ciclista á Provincia.

Novas relacionadas
- Marzo 18: As obras da ponte do Ézaro estarán rematadas no mes de abril.
- Agosto 2017: Adxudicadas as obras da ponte do Ézaro.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).