Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Renovados os horarios de Autobuses en QPC, o único espazo de información unificada

Renovados os horarios de Autobuses en QPC, o único espazo de información unificada

www.busescostadamorte.com segue sendo o único espazo na rede con todos os horarios unificados do servizo de transporte colectivo (que xa non público) da Costa da Morte. E o noso Cartel pasa por ser o único espazo físico onde se poden ver os horarios dun vistazo.

I é que o feito de ter 3 empresas adxudicatarias para unha mesma zona provoca que sexa ata complicado, non só que non saia un bus á hora á que me convén, se non só saber a que hora hai bus.

Lamentable o estado da estacion de buses de Cee

Estes días, ademais de actualizar a web www.busescostadamorte.com cos novos horarios, gracias ao patrocinio do Grupo Insua e o Albergue do Mar, estamos levando o cartel por toda a bisbarra. A semana pasada xa estivemos por Cee (na única e esquecida estación de buses da zona), Corcubión, Sardiñeiro e Fisterra colocando carteis. Esta semana intentaremos repartilos dende Carballo ata Cee, parando por Baio, Vimianzo, Dumbría... E ademais tamén os repartiremos polas paradas ou bares da zona do Ézaro, O Pindo, Carnota e Muros.

O Cartel cos horarios de autobuses na estacion e no Albergue de Fisterra

Para descargar

cartel dos horarios de autobuses da Costa da Morte

Ao mesmo tempo, animamos aos establecimentos hosteleiros a descargar e imprimir o cartel para poder informar correctamente aos seus clientes.

5 anos informando e loitando

En QPC xa levamos máis de 5 anos facilitando o acceso á información. Levamos tamén loitando por un servizo mellor, por máis cadencias, por máis buses que vertebren a nosa bisbarra. Pero parece que as administracións non están pola labor. A día de hoxe, para ir de Fisterra a Coruña o último bus sae ás 16:45h., por poñer un exemplo da falta de oferta.
Unha falta de opcións que o que provoca é que a xente non poida depender dos buses, que a xente dependa do seu coche e deixe de utilizalo transporte público, o que ao mesmo tempo serve de argumento ás administracións para seguir depauperando o pobre servizo.

Máis información

Fonte

Comentarios