Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Rescatan un mozo que se perdeu no Monte Pindo

Rescatan un mozo que se perdeu no Monte Pindo
Policias Locais rescatando un home no Monte pindoPolicías Locais de Carnota rescatando un rapaz no Monte Pindo

Día complicado para as forzas de seguridade este xoves 15 de xuño. Se por Fisterra tiveron que tirar da heroica para salvar un peregrino holandés das augas bavas de Mar de Fóra, 6 voluntarios de Protección Civil de Cee, 2 Policías Locais de Carnota e 2 Gardas Civís de Muros tiveron unha completa sesión de rescate no Monte Pindo.

Un rapaz ceense perdíase na Moa despois de subir dende o lado do Fieiro. As forzas de seguridade foron alertadas ás 14:30h e menos de dúas horas despois conseguían chegar a rescatalo.

O rapaz está xa na casa, algo canso, e apuradiño polo calor, e polo susto, pero a salvo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios