mércores. 24.06.2026
El tiempo

Solidariedade, sostibilidade e comunidade volven unirse no Mercadillo Regalamos Todo de Carnota

Mercadillo regalamos todo Carnota
Imaxe do mercadillo carnotán o pasado decembro
Solidariedade, sostibilidade e comunidade volven unirse no Mercadillo Regalamos Todo de Carnota

A cidadanía terá a oportunidade de participar nunhas xornadas dedicadas á solidariedade, ao consumo responsable e á creatividade sostible a través dun mercadillo donde se regala todo, que se complementará con diversas actividades de sensibilización ambiental e participación comunitaria.

As persoas asistentes poderán traer obxectos para compartir, levar aqueles que lles resulten de utilidade ou facer ambas as dúas cousas, sen necesidade de achegar nada a cambio. Ademais, poderán visitar unha pequena exposición divulgativa sobre a reutilización e o aproveitamento dos recursos dispoñibles, e participar nun desfile de moda divertida con prendas traídas da casa ou coas que poidan atopar no mercadillo.

Dende a organización veciñal, recoñecen que "con esta iniciativa queremos unir a tradición do troco coa reflexión sobre todo o que hai detrás de cada peza: horas de traballo, consumo de auga, enerxía e materias primas. Reutilizar e dar unha segunda vida aos obxectos permítenos aproveitar mellor estes recursos, evitar a xeración innecesaria de residuos e reducir a demanda de novos produtos, contribuíndo así a un modelo de consumo máis responsable e sostible".

Horarios

  • 4 de xullo de 2026 de 11:00 a 20:00
  • 5 de xullo de 2026 de 11:00 a 19:00
  • 5 de xullo ás 17:30 h – Desfile. 
  • No Pavillón deportivo Municipal de Lamas de Castelo, en Carnota.

Comentarios