Venres. 03.05.2024
El tiempo

Tardes de teatro en Carnota para toda a familia

Ler Conta Moito en Carnota
Ler Conta Moito en Carnota
Tardes de teatro en Carnota para toda a familia

No mes de outubro a Axencia de Lectura Municipal de Carnota programa dous espectáculos dirixidos a público familiar, recomendados a partir dos 3 anos, no marco do programa de dinamización lectora Ler Conta Moito.

Xa este sábado 7, chegan Historias de bicharracos de Bicharracos Teatro, un Espectáculo teatral para público infantil e familiar que integra impro, mimo, música, contos e moito máis. A cita será ás 17:00h no salón de actos do Concello de Carnota.

A segunda desenvolverase o sábado 21 (tamén ás 17:00h no salón) con espectáculo Xeado de lúa de Títeres Cachirulo, un espectáculo de monicreques para público infantil e familiar. Unha aventura extraordinaria ao pé dun carballo milenario.

A entrada é libre e de balde ata completar a capacidade do local.

Comentarios