mércores. 07.05.2025
El tiempo

Un desprendemento de terras pechou a AC-550 en Muros

Un desprendemento de terras pechou a AC-550 en Muros
Derrubamento na estrada de Muros-Foto-Quin Muros

Se polo norte a semana pasada un novo pelouro caía, por cuarta vez nos últimos anos, sobre a AG-55, polo sur amencían cun sobresalto. Sobre as tres da pasada madrugada do venres ao sábado, a estrada AC-550 entre Muros e Carnota, a altura do mirador antes de chegar a Louro, sufría un derrubamento bastante grave como consecuencia dos temporais.

Unha marea de pedras desprendíase do talud lateral no lugar de A Vouga e facía que a Garda Civil tivese que pechar o tráfico, se ben se pode atravesar o lugar pasando polo mirador. Afortunadamente non tivo consecuencias graves e non houbo ningún accidente.

A alcaldesa Caridad González púxose en contacto co Conselleiro de Medio para que mandase aos técnicos e realizasen un estudo sobre o terreo sobre posibles novos desprendementos e que se tomen as medidas necesarias. Parece que un dos carrís xa está operativo e o outro permanecerá pechado.

Estrada cortada por un derrumbamento en Muros Un bo furado deixou o talud na estrada-Foto-Quin Muros

Fonte

  • Información de Domingo Guerra e de Quin Muros.

Comentarios