Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Unha grande área biosaudable, con ximnasio, piscina e polideportivo para Carnota

Unha grande área biosaudable, con ximnasio, piscina e polideportivo para Carnota

Un gran proxecto poderá ser realidade estes vindeiros anos en Carnota. Trátase dunha grande área con parque biosaudable, ximnasio, piscina descuberta e un pavillón polideportivo que se situaría no núcleo de Carnota. O proxecto podería chamarse CarnotaFit.
Trataríase dun proxecto desenvolto con fondos europeas e da Deputación polo que o Concello non tería que facer un desenvolso de cartos.

Así informan dende o PSOE de Carnota, que veñen de presentar unha moción no Rexistro do Concello, para que a proposta sexa debatida e aprobada en pleno por todas as forzas políticas. Fai fincapé neste punto o PSOE carnotán indicando que pode ser "un bo momento para que todas as forzas remen na dirección do progreso".

O Concello debería facer a solicitude antes do 28 de xullo, polo que dende o grupo do PSOE agardan que o Concello se poña en marcha e permita que os mozos e maiores de Carnota non teñan que ir a concellos limítrofes como Muros e Cee para poder ir a un ximnasio ou unha piscina.

Datos do CarnotaFit

A actuación deberá contar alomenos coas seguintes zonas:

  • 1) Zona de aparatos para traballo cardiovascular e cardiorrespiratorio.
  • 2) Zona de aparatos para traballo de tonificación muscular, fortalecemento muscular e mobilidade articular.
  • 3) Zona de quencemento e estiramentos.
  • 4) Piscina descuberta con posibilidade de tratamentos terapéuticos.
  • 5) Sauna.
  • 6) Pista polideportiva.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios