Unha grande área biosaudable, con ximnasio, piscina e polideportivo para Carnota


Un gran proxecto poderá ser realidade estes vindeiros anos en Carnota. Trátase dunha grande área con parque biosaudable, ximnasio, piscina descuberta e un pavillón polideportivo que se situaría no núcleo de Carnota. O proxecto podería chamarse CarnotaFit.
Trataríase dun proxecto desenvolto con fondos europeas e da Deputación polo que o Concello non tería que facer un desenvolso de cartos.
Así informan dende o PSOE de Carnota, que veñen de presentar unha moción no Rexistro do Concello, para que a proposta sexa debatida e aprobada en pleno por todas as forzas políticas. Fai fincapé neste punto o PSOE carnotán indicando que pode ser "un bo momento para que todas as forzas remen na dirección do progreso".
O Concello debería facer a solicitude antes do 28 de xullo, polo que dende o grupo do PSOE agardan que o Concello se poña en marcha e permita que os mozos e maiores de Carnota non teñan que ir a concellos limítrofes como Muros e Cee para poder ir a un ximnasio ou unha piscina.
Datos do CarnotaFit
A actuación deberá contar alomenos coas seguintes zonas:
- 1) Zona de aparatos para traballo cardiovascular e cardiorrespiratorio.
- 2) Zona de aparatos para traballo de tonificación muscular, fortalecemento muscular e mobilidade articular.
- 3) Zona de quencemento e estiramentos.
- 4) Piscina descuberta con posibilidade de tratamentos terapéuticos.
- 5) Sauna.
- 6) Pista polideportiva.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do PSOE de Carnota.