Venres. 29.03.2024
El tiempo

Unha manchea de artistas da Costa da Morte nas pre candidaturas aos Premios #MaríaCasares e #MestreMateo

Unha manchea de artistas da Costa da Morte nas pre candidaturas aos Premios #MaríaCasares e #MestreMateo
Artur Trillo con Talia Teatro Artur Trillo está precandidato para os María Casares e para os Mestre Mateo

Non para a xente de Talía Teatro. Cada domingo podemos velos na tele e xa andan polos escenarios do país coa nova obra. Precisamente, ese novo espectáculo, “Rosa Caramelo e outras historias”, é un dos protagonistas das pre Candidaturas para os XX Premios de Teatro María Casares, que entrega a Asociación de Actores e Actrices de Galicia, e que vimos de coñecer hoxe.

Tamén a Academia Galega do Audiovisual presentou as pre candidaturas para os XIV Premios Mestre Mateo, os traballos de 2015 que optarán a ser nominados.
En ambas galas esperamos ter unha nutrida presencia costeira. Teremos que esperar á primeira criba, a dos candidatos finais para ver se efectivamente participamos na Gala Mestre Mateo durante a segunda semana de abril no Pazo da Ópera da Coruña, e na dos María Casares, que se celebrará o 30 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. No acto entregarase o Premio de Honra Marisa Soto e lerase o Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro.

 

#MaríaCasares

Premios Maria Casares

”Rosa Caramelo e outras historias”, de Talía Teatro, ten un profundo protagonismo nesta primeira achega dos María Casares. Este espectáculo para nenas e nenos onde se lle dá a volta a roles e estereotipos de xénero opta a varias candidaturas, entre elas á Mellor Espectáculo.
Ademais, Artur Trillo como Mellor Actor Protagonista, pero tamén como Mellor Adaptación/Tradución. O seu compañeiro Dani Trillo opta á Mellor Escenografía e tamén á Iluminación, mentres que Martina Cambeiro faino a Mellor Maquillaxe e Mellor Vestiario.

Non é a única presencia costeira nestas pre candidaturas. O de Caldebarcos, César Cambeiro, e o malpicán Santi Romay, optan ao Mellor Actor Portagonista polo seu papel en Xardín suspenso do Centro Dramático Galego.

E o mazaricán Federico Pérez opta ao Mellor Actor Secundario polo seu traballo en Presidente do Teatro do Morcego.

 

#MestreMateo

Premios Mestre-Mateo

Este ano si que temos boa presencia costeira nesta primeira batida de nomes, dando conta de que os nosos actores están traballando arreo.

Por exemplo, ao Premio á Mellor Interpretación Masculina Protagonista, por exemplo optan Víctor Mosqueira e Santi Romay por Casa Manola, na que tamén vai Isabel Blanco pola Interpretación Feminina Protagonista. A xalleira tamén está nomidada como Secundaria por O Faro e o cormelán Víctor Mosqueira entra tamén como Protagonista no documental O médico certo. Precisamente neste documental tamén temos a Chete Lera, madrileño pero fillo adoptivo de Corcubión, que opta á Mellor Interpretación Masculina de Reparto.

Repite tamén nos premios televisivos o mazaricán Federico Pérez á Mellor Interpretación Masculina Protagonista polo seu coñecido papel en Era Visto, onde o esteirán Víctor Fábregas, ademais de Manquiña, Marcos Pereiro e Xosé A. Touriñán, optarían á Mellor Interpretación Masculina de Reparto. Neste mesmo apartado tamén atopamos ao carnotán Miguel de Lira polo seu papel en Hospital Real, emais ao propio Fábregas por Pazo de Familia.

Artur Trillo tamén ten vela neste enterro, pois está de precandidato á Mellor Interpretación Maculina de Reparto pola serie O Faro.

Ademais de nas series, temos unha presentadora de excepción. Marta Doviro opta ao premio de Mellor Comunicador/a de TV por dous programas: Máis Galego e Somos ben curiosos. A corcubionesa é ben polifacética, pois tamén optará á Mellor Interpretación Feminina de Reparto por Pazo de Familia.

De presentadora a guionista, e neste caso falamos de Xosé Henrique Rivadulla Corcón, o coru-muxián que ao Mellor Guión polo programa Náufragos.

Por certo, se se nos escapa alguén, avisade, por favor! ;)

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios