Unha semana de accidentes co xabarín como protagonista
Menuda semana esta pasada de accidentes nas estradas da zona. Se durante o xoves e o venres, houbo que socorrer varias citas en Ponteceso, Laxe e Outes, a zona máis afectada foi a de Carnota, onde ademais o xabarín foi protagonista por partida doble.
O pasado venres, un xabarín cruzábase na AC-550 á altura de Quilmas, e a condutora dun vehículo saía ilesa tras unha salida de vía despois de esquivalo.
Pero é que o sábado, un mozo do Grove caía da súa moto tras impactar tamén nun xabarín que cruzaba a mesma estrada pola zona de Caldebarcos. O ferido era trasladado ao Virxe da Xunqueira.
O Venres en Ponteceso
Os Bombeiros de Carballo, xunto cos efectivos do GES de Ponteceso, liberaron a mañá do venres ao condutor dun turismo con risco de caer por un terraplén na entrada da parroquia de Corme, en Ponteceso. Segundo explicou un particular ao persoal do 112 Galicia, o vehículo se saíu da vía e quedou pendurado nun barranco. Previamente, o coche colisionara contra unha árbore, que caeu sobre o vehículo e impedía saír ao condutor.
Así, dende o Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia se solicitou a intervención dos efectivos do parque comarcal e do Grupo de Emerxencias Supramunicipal, que, finalmente, conseguiron sacar ao ferido polo maleteiro do vehículo. Ademais dos servizos de emerxencias, o 112 Galicia pediu a colaboración de Urxencias Médicas e da Garda Civil de Tráfico.
O xoves en Laxe e Outes
Un total de tres persoas foron trasladadas a tarde do xoves ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela despois de sufrir un accidente na estrada de Noia a Muros, ao paso pola localidade de Serra de Outes. Se tratou dunha colisión entre dous turismos, un deles envorcou lateralmente, na saída do Corredor en dirección a Noia. As persoas que viaxaban no interior do coche que envorcou tiñan dificultades para saír, polo que acudiron os efectivos do GES de Muros e de Protección Civil de Noia. Os Bombeiros de Boiro tamén foron alertados polo CAE 112 Galicia, pero, finalmente, non tiveron que actuar. As testemuñas do accidente aseguraron que as persoas estaban feridas de gravidade. De inmediato, o persoal do Centro de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a colaboración dos servizos sanitarios de urxencia e da Garda Civil de Tráfico. Igualmente, foron informados os membros de Protección Civil de Outes. Un particular alertou ao 112 Galicia preto das catro da tarde do xoves.
Ademais, os servizos sanitarios de urxencia trasladaron esa mesma tarde ao condutor dun turismo que se saíu da vía e chocou contra un poste da luz en Val de Regueira, Laxe. A persoa foi evacuada inconsciente ao centro hospitalario de referencia. Ás 17:00 horas de hoxe, un particular alertou ao CAE 112 Galicia, que solicitou a intervención de Urxencias Médicas, Garda Civil de Tráfico, GES de Ponteceso e Protección Civil.
Novas relacionadas
- 03-12-14: Unha persoa resultou ferida tras un choque entre cinco vehículos en Carballo.
- 23-11-14: Unha muller faleceu en Cee tras ser atropelada.
- 05-11-14: Unha muller tivo que ser excarcelada tras un accidente en Nantón.
- 22-10-14: Un mozo de 35 anos perde a vida nun accidente laboral en Vimianzo.
- 13-10-14: Un accidente con dous feridos provoca serios atascos en Coristanco.
- Que non te paren! Unha campaña pola Autovía Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).