Martes. 19.03.2024
El tiempo

A USC corrobora o incerto futuro do Carballo Anano do Monte Pindo

A USC corrobora o incerto futuro do Carballo Anano do Monte Pindo
Carballo anano simbolo da recuperacion do Monte Pindo-Foto-Jorge Gonzalez Perez Carballo anano no Monte Pindo-Foto-Jorge Gonzalez Perez A pesar de que tralos graves incendios de 2013, parecía que as poboacións de carballo anano no Monte Pindo se mantiñan vivas, un estudo da Universidade de Santiago de Compostela vén de facer saltar a alarma sobre o seu futuro. O Quercus lusitanica, tamén coñecido como carballo añón ou caxigo é único en Galicia. Segundo os investigadores do Departamento de Botánica da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Javier Amigo Vázquez e M. Inmaculada Romero Buján, é "fenómeno bioxeográfico extraordinario, que se pode resumir como a manifestación más finícola (extremadamente alonxada da súa área de ocupación normal) dun tipo de vexetación arbustiva, exclusiva do occidente ibérico e do Rif". A especie só se atopa nalgúns núcleos do Rif marroquí e en áreas do occidente peninsular ibérico, desde Cádiz até o Portugal central, chegando aos distritos máis setentrionais do sector Divisorio Portugués. A partir de aí, nin rastro desta árbore, até uns 300 quilómetros ao norte, sendo a carnotá a poboación de caxigo máis setentrional do mundo. A "excepcionalidade" desta poboación —que mesmo logrou resistir o incendio que arrasou o Monte Pindo en 2013— e "a proporción de elementos híbridos que alberga" levan aos científicos a considerar "necesario un estudo máis profundo sobre a xenómica do conxunto desta poboación". "Incluso os exemplares híbridos foron vistos frutificados, no recente verán-outono do ano 2017", salientan os investigadores, que destacan que "a capacidade de recuperación por rebrote do carballo anano, incluíndo os seus híbridos tamén ananos, tras os incendios, parece ser o seu punto máis forte para resistir con suficiente número de individuos nesta localidade". Os investigadores fan fincapé na necesidade de "poñer os medios que garantan a pervivencia deste singular tesouro xeobotánico", pois consideran que o carballo anano "segue tendo en Galicia un futuro incerto, aínda que tecnicamente se trate dunha poboación protexida". Non só os incendios, senón que a presenza na área de especies exóticas invasoras así o ratifican. Eucaliptos ou albicia amarela están invadindo o olimpo celta ameazando a especie incluída no Catálogo de especies ameazadas gracias ao traballo de ADEGA. Quercus Luistania ou carballo anano no medio do lime no Monte Pondo-Foto-MPPN Poboación Quercus Luistania ou carballo anano no medio do lume no Monte Pondo-Foto-Asociación Monte Pindo Parque Natural O estudo constata que "non existe ningún exemplar de carballo anano" no Ézaro, municipio de Dumbría, a escasamente 4 quilómetros cara ao norte de Carnota, considerando así errónea a identificación en 2011 de varios arbustos como Quercus lusitanica. " Esta nova achega científica publícase no último número da revista Nova Acta Científica Compostelana, co título 'La comunidad vegetal del carballo enano, Quercus lusitanica Lam. (Fagaceae, Magnoliopsida), en Monte Pindo (A Coruña, Noroeste ibérico)'. Unha nota ao final do mesmo aclara que "estando o traballo en proceso de publicación".

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios