Luns. 14.10.2024
El tiempo

Veciñ@s polo mundo: "Navego por todo o mundo para non ter que emigrar"

Veciñ@s polo mundo: "Navego por todo o mundo para non ter que emigrar"
David Trillo Gallego un vecino costeiro polo mundo David Trillo Gallego un veciño costeiro polos 7 mares

Xa temos visitado nesta sección de "Veciñ@s polo mundo" por lugares como Río de Janeiro, Manchester, Australia, Suiza ou NYC. Quédanos moito mundo que percorrer pero hoxe facemos unha viaxe moi especial. Montamos no buque cun capitán, o Robinson da Lobeira, co paradóxico fin de "navegar polo mundo para non ter que emigrar".

Co seu intacto "asento" costeiro, mesmo en "injlés" ou árabe, contesta ás nosas preguntas dende o seu barco:

 
  • QPC: Como te chamas? De onde es? Onde vives agora?

Chámome, David Trillo Gallego. Son de Brens. Vivo nos 7 mares, agora mesmo polo Golfo Pérsico, pero a miña casa está na miña terra.

 
  • QPC: Por que motivo te trasladaches aí?

Porque sou fillo, bisneto e sobriño de mariños mercantes, a que fui, e ten que seguir sendo a principal industria de riqueza dos pobos costeiros, tanto da Costa da Morte, como da "Jalisia" en xeral, coa pesca de baixura e altura... As décadas prodixiosas dos pobos costeiros, cando se fixeron casas, as escolas estaban cheas de rapaces, bares e pobos cheos de vida, taxistas...etc... Fui cando pobos coma Caldebarcos, O Pindo, Fisterra, Camelle, Muxía, Camarinhas... estaban eses pater familis, embarcados na Mercante…

Pouco a pouco os varios gobernos desmantelaron todo. Hoxe non quedan navieiras dignas, incluso hai mariñeiros filipinos e rusos nos meus barcos, con salarios incluso máis altos e mellores condicións, as que teñen hoxe en día muitos galegos en certas navieiras españolas…
Temos que recuperar a mariña mercante nasconal, e dignificala, non pode ser que tódolos días estean incluso entre Portos de Galicia, entrando e saíndo mercantes, e estean tripulados por tripulacións das antipodas, e empresas maioritariamente holandesas e inglesas, abandeirados algún, onde moitos deles van con bandeira de paraísos fiscais... mentras tanto, milleiros de mariños galegos, vellos e novos parados sen traballo… ou navegando nas antipodas coma eu mesmo…

 
  • QPC: Canto tempo fai que te… "mudaches" ao mar?

Eu xa fun feito a bordo do petroleiro ESSO Biblao… jeje... Miña nai ía navegar con meu pai por todo o mundo, e dende neno, crieime a bordo dos mercantes que atracaban no porto de Brens. Meus xoguetes e campo de xogo eran a chalana e os remos, con toda ría de Corcubión a remo ate as illas Lobeira, grande e pequena.

 
  • QPC: Cal é o teu traballo

Traballo de capitán en remolcadores holandeses por todo Mundo, remolque internacional, e barcos de apoio a industria "offshore", tanto do gas e petróleo, coma da enerxía eólica mariña… E ollo..!! Je je... Non confudades meu "offshore" laboral, co "offshore" dos paraísos fiscais e "Panamá papers" tan de moda nestes meses...jeje... Pois este é o auténtico "offshore", todo o relacionado coa industria marítima no alto mar.

 
  • QPC: Que é o que máis botas de menos da Costa da Morte? Tes morriña?

O que máis a comida, tan pronto piso o avión en Compostela, acábase o bo pan, e toda a comida natural, e xa empezas comer comida plastificada industrial e lixo en xeral... jeje... Morriña? Home, é moi distinto o ir navegar por un tempo limitado, o estar todo ano, ou anos enteiros emigrado… Paradoxicamente, eu navego por todo o mundo para non ter que emigrar, jajaja.

Pero bueno... nunca se sabe... fai unhas semanas entrei nun supermercado de pakistanís e indios en pleno sentro de Abu Dhabi... e minña sorpresa cando o ir mercar leite vexo Leite Xoia de Feiraco, feita en Ponte Maceiras, A Coruña!!! Ja ja... xa merquei, así coma a falta do meu Kas de Limón… aquí sobrevíve a mitica Mirinda de laranxa que "mirindaba" o taberneiro do chiste Fisterrán... "onde lle ofrece unha mirinda ao rapáz, e o pai dille… non que o rapás, "mirindar" xa "mirindou" na casa…!" Ja ja…

 
  • QPC: Manteste ao día da actualidade costeira? Como?

Ate fai pouco, era como se te embarcaras nunha nave espacial rumbo a Plutón, non sabías nada do mundo dos terrícolas... Pero hoxe en día, case tódolos barcos nos que ando, xa teñen internet vía satélite, polo que dende calquera punto dos 7 mares, a través do Facebook, e gracias á vosa importante laboura social e informativa, entérome do día a día, sempre que haxa algún tempo libre a bordo… De feito fun embarcado en Angola, e un día os tripulantes alucinaban cando vía polo ordenador as fotos que publicabades do Santuario da Punta da Barca con lume, fumeando, e aos 10 días cuberta e inundada por golpes de mar...! Je je... Os tripulantes e nin eu mesmo conseguíamos entender que era o que realmente estaba pasando na Barca de Muxía...je je…

 
  • QPC: Cantas veces ao ano viaxas a casa?

Polo xeral, paso de 1 a 2 meses a bordo, e 1 ou 2 na casa, depende dos proxectos e traballo que haxa no mercado marítimo.

 David Trillo Gallego coa bandeira galega a bordo do seu mercante David Trillo Gallego coa bandeira galega a bordo do seu mercante
  • QPC: Que tal embaixador es da túa terra? Canta xente tes traído de aí a visita a Costa? A canta lle tes falado dos nosos recunchos?

Embaixador da minha Terra...? Jeje... Home... pois mira, polo xeral sempre levo izada no mastro dos remolcadores onde navego, a nosa bandeira "jaleja"… Dá igual que o barco estea no porto de Rotterdam, Angola, Mexico, Australia ou na China...! De feito no mesmo porto de Shanghai na china, ancorados varios dias, no que é o porto do Mundo con máis tráfico marítimo, alí estaba meu remolcador holandés coa súa bandeira holandesa, a china, e a galega ondeando conxuntamente. Pasaban diante nosa polo río Yantsé barcos de todo tipo, ate cruceiros de luxo coma un Costa Cruceros (;))… onde se ía a bordo algún galego, alí poderia ver ondeando súa bandeira.

Claro que falas a bordo, o intercambio cultural e tótal constantemente. A día de hoxe teño navegado, traballado e convivido a bordo con tódalas nacionalidades, culturas e razas do Mundo, hai embarques que parece unha torre de Babel flotante... jeje... Hai varios compañeiros norte europeos que sí que vido, ben por temas profesionais, estaleiros de Vigo, turismo, Camiño de Santiago e me preguntan para vir outros…

Todos falan do ben que se come, e fermosa que é nosa terra. Cando lles digo que son natural do Cabo Fisterra do "Finisterre sea", cámbianlles a cara e dinche que ondas de mar coma montes... temporais... jeje... tamén que os portugueses e "spanish very good seaman"… o que eu lle respondo "home claro my friend"… Para mariñeiros nós!

 
  • QPC: Que diferencias máis grandes atopas entre o teu novo lugar de residencia e a Costa da Morte?

Tras navegar por todo Mundo, cada vez me dou máis de conta de que vivimos nunha terra, país atlantico previlexiado, de que vivimos nun auténtico paraíso.

 
  • QPC: Que cousas importaría para a Costa da Morte e que cousas levarías de aquí para aí?

Pois esa é a pregunta do millón. Imos ver... Neso sempre reflexiono, penso e me pregunto eu: polo Mundo adiante cando resulta que temos unha das mellores terras do Mundo para cultivar, un Mar único para pescar, cultivar… Temos o verdadeiro petróleo do fúturo da vída no planeta! A auga!! Sómos o reino da chuvia. País dos mil ríos, do sol, do vento… un clima suave todo ano…

Nembargantes ollas como víve a xente polo resto do Mundo, en climas infernais de calor, desérticos, ou tropicais, cheos de bichería, mosquitos do paludismo, furacáns tropicais… Ou no norte de Europa nuns invernos xélidos, escuros, de neve constante, a sequía noutros... Pero vés que teñen riqueza de todo tipo, que poden vivir nos seus países. Entón é cando te preguntas: "Pero que raio se leva facendo secularmente mal en Galicia para ter que seguir emigrando, seguir sendo un país de exportanción de carne humana e non poder vivir e traballar na nosa patria, nunha das mellores e máis previlexiadas terras do Mundo?"

 
  • QPC: Cóntasnos algunhas anécdotas que che aconteceron por aí?

Anécdotas…? Buff! Tras máis de 15 anos xa de aventuras por todo Mundo, daría para varios libros. Pero é curioso a cantidade de galegos que te podes atopar por calquera curruncho do Mundo, dende un taxista no aeroporto de Palermo que che leva para o barco e resulta que esta casado cunha de Carballo, a un chófer de bus de Marsella que é fillo de coruñeses… Ou que tripulantes filipinos que tes a bordo, se apeliden Galicia, e sexan naturiais de Camarines, a Camariñas de Filipinas. Ou que cando lle dis que es de Galicia, "north west of Spain", empece un médico Indio en Abu Dabi, un holandós ou un cabo verdiano nun avión a cantarche unha canción de Julio Iglesias. Ah!, e tamén o futbol, polo Deportivo en Mexico, Ucrania, ou Africa coñecen a Coruña.

David Trillo Gallego cun cocineiro indio David Trillo Gallego cun cocineiro indio  
  • QPC: Daquela vemos que si que te atopaches con varios veciños galegos ou costeiros? E compartes camarotes?

Pois si, polos 7 mares sempre podes coincidir con algún "visinho", como nos chamamos tradicionalmente entre "jalejos", ben te podes cruzar cun barco pesqueiro de Vigo, coma outro con bandeira angolana e os mandos son galegos. Ou incluso pola Antártida, atopar un pesqueiro con bandeira de calquera illa perdida do Pacífico, tripulado por chinos ou vietnamitas... E resulta que o patrón mecánico e contramaestre que van a bordo, son e armador son galegos, coma os casos dos pesqueiros chamados piratas detidos este ano pertensentes o armador Tucho Vidal de Ribeira, para ben ou para mal, Galicia sigue sendo unha potencia no mar, sobre todo na pesca.

 
  • QPC: Volverás atracar definitivamente á túa terra? Cando?

Pois conto con voltar antes da próxima Lúa nova, estou agora navegando polos Emiratos Árabes, e non che me fai gota de gracia ter que volver pasar outro Ramadán por estas terras. Xa pasei dous enteiros, e onde se che toca ter que ir a terra, non podes comer nin beber en público ata a posta de Sol. No mesmo Dubai fai 5 anos tiven que comer fechado nun aseo, e facendo uns cursos, os europeos tivéronnos varios días sen comer durante 12 horas, tan só nos daban auga nunha habitación apartada deles. Espero poder safarme este verán de volver pasalo enteiro navegando por aquí. O verán pasado paseino por Kuwait e Iraq, tras subir polo río Tigris Eufrates, puiden experimentar o que é estar baixo un sol e aire infernal de 52 graos de calor, así que espero disfrutar do noso clima e mar atlántico…

 

Veciñ@s polo mundo

Estes son algúns dos amig@s que xa temos visitado polo mundo. Se queres contarnos a túa historia ponte en contacto en [email protected], polo Facebook Que pasa na Costa ou no whatsapp 637 704 893.

Outros artigos migratorios

Serie “De Carnota a Astoria: “Vin porque me trouxeron, non quería vir””, por Manuel Vilar

Fonte

Comentarios