Martes. 23.04.2024
El tiempo

“Verlles a súa cara de felicidade non ten prezo”

DisCamino no Trail Monte Pind
“Verlles a súa cara de felicidade non ten prezo”

O V Trail Monte Pindo tivo dúas grandes protagonistas. Inés e Paula viviron unha experiencia que nunca esquecerán. Seguramente hai uns anos nunca se imaxinarían subindo ao Olimpo Celta (non, aínda non está adaptado, non) nin tampocuo facer un trail. Este domingo, conseguírono gracias á fantástica iniciativa de DisCamino, a gran organización da ACDR Pedramar, e á colaboración de 12 potentes porteadores, Inés e Paula viviron un soño.

Trail Monte Pindo DisCamino

Ao seu carón os Fran, Berto, Olalla, Quito, Mama Rocío, Papá José Luis, Ana, Pastora, Moncho Muiños, Felipe Oza e Damián, facendo posible ese soño, e gozando coas caras de felicidade das dúas traileras.

Foron dúas das 224 persoas que quixeron practicar deste esixente deporte que te funde ca natureza, no impresionante marco do monte granítico carnotán. Unha cita que segue convertindo a Costa da Morte nun perfecto marco para estas probas deportivas.

As duas protagonistas do Trail Monte Pindo

Novas relacionadas

Comentarios