venres. 12.12.2025
El tiempo

Unha visita da UNED Sénior da Coruña por Carnota con María Lago

O alcalde de Carnota co alumnado da Universidade Senior
O alcalde de Carnota co alumnado da UNED Senior
Unha visita da UNED Sénior da Coruña por Carnota con María Lago

O Concello de Carnota recibiu este mércores a visita dun grupo de 38 alumnos e alumnas da UNED Sénior da Coruña, acompañados polo seu coordinador e titor, Luís Ángel Rodríguez Patiño, nunha xornada dedicada á historia e ao patrimonio do municipio.

A visita comezou na parroquia de Lira, onde o grupo foi recibido por María Lago, técnica de Turismo do Concello de Carnota. Alí recibiron unha explicación introdutoria sobre os principais valores patrimoniais, monumentais e culturais tanto da parroquia como do conxunto do municipio.

Maria Lago explicando no Horreo ao alumnado da UDC Senior
No hórreo de Lira escoitando as explicacións da técnica María Lago
Visita da UDC Senior a Caseta de Pepe do Cuco
Visita da UDC Senior a Caseta de Pepe do Cuco

A continuación, o grupo desprazouse ata a Caseta de Pepe do Cuco, un dos espazos etnográficos máis singulares da Costa da Morte. Trátase dunha antiga caseta de pescadores convertida nun pequeno espazo interpretativo dedicado á historia local.

A seguinte parada foi o hórreo de Lira, un dos máis monumentais de Galicia, construído entre 1779 e 1814 e vinculado á Igrexa de Santa María de Lira. Con 36,5 metros de lonxitude e 22 pares de pés.

UDC Senior en Carnota con Castelao
UNED Senior en Carnota con Castelao

O grupo realizou tamén unha breve parada no Recuncho de Castelao, un espazo de memoria situado na estrada principal de Lira. Neste punto consérvase un busto do escritor e político galego Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, acompañado dunha fotografía histórica do mitin que ofreceu na zona, un recordo vivo da súa relación coa Costa da Morte.

A xornada rematou coa visita ao edificio do Concello, onde o grupo foi recibido polo alcalde, Juan Manuel Saborido que agradeceu a visita da UNED Sénior da Coruña.  
 

Comentarios