130 alumn@s da Escola de Música de Cee pechan o curso este mércores no seu tradicional festival
Este mércores, 17 de xuño ás 20 h., vaise a celebrar no auditorio da casa de cultura de Cee o festival fin de curso da Escola Municipal de Música.
Neste curso académico 2025/2026 estiveron matriculados na Escola de Música 130 alumnos nas distintas especialidades instrumentais e materias teóricas que se imparten: Linguaxe musical, música e movemento, harmonía, acordeón, clarinete, frauta, gaita, guitarra, piano, percusión, saxofón, trompeta, trombón, trompa, tuba e violín.
No festival fin de curso do día 17 participarán alumnos de tódalas especialidades instrumentais que se imparten na escola de música, tanto de forma individual como en grupos corais ou instrumentais: grupo de gaitas, coro, grupo de acordeóns, grupo folk e mesmo unha actuación final con representación de tódolos instrumentos donde se tocará un tema sorpresa, de actualidade.
Mencionar tamén que se estreará neste festival un piano de cola que o Concello de Cee mercou para o auditorio e que, nesta ocasión, será empregado polos alumnos de piano da escola de música.