Venres. 29.03.2024
El tiempo

3 accidentes empañaron a ponte de Reis

3 accidentes empañaron a ponte de Reis
Así quedou o vehículo que sufriu o accidente na autopista carballesa do pasado xoves Así quedou o vehículo que sufriu o accidente na autopista carballesa do pasado xoves

3 novos accidentes empañaron esta ponte dos Reis pola volta. Afortunadamente non hai que lamentar perdas humanas pero os sustos en Cee e Carballo foron importantes.

Dous accidentes en Cee

Durante a mañá do sábado, arredor das 13:00h, na Avenida de Fisterra tiña lugar un accidente de tráfico a altura do número 10. Foi un choque frontolateral entre dous vehículos, que deixou un ferido leve que foi trasladado o hospital Virxe da Xunqueira.

A noite do venres, xa ás 23:00h, tamén houbo unha saída de vía dun vehículo na AC552, cerca do cruce de A Pereiriña. Os Bombeiros comprobaron que había un vehículo cun forte impacto que ocupaba parte de un carril da estrada, con restos de combustible do vehículo pero a vítima xa estaba fora, sacada polos particulares que se atoparon co accidente.

Accidente en Carballo

Foi a tarde do propio xoves 5 de xaneiro cando a a AG-55 (no P.K. 25 Sentido A Coruña) sufría unha saída de vía dun vehículo, que chocou contra a mediana e voltou á calzada. A consecuencia do impacto, o coche (Peugeot 307 HDI 5318FDG) derramou aceite na vía polo que houbo que esperar a que o guindastre retirase o vehículo para proceder á limpeza. O condutor e único ocupante saíu ileso do accidente.
Os bombeiros tiveron que empregar 1.000 litros de auga e desengraxante para completar a limpeza.

Accidentes 2017

Fonte

Comentarios