O BNG viste Cee de letras

Este sábado 26 de abril, a Praza 8 de marzo acollerá unha xornada de libros. O BNG organiza, acompañado por Ler Librarías unha xornada completa, que marida literatura e posía, sempre coa xente da zona como protagonista, poñendo en valor o traballo das nosas creadoras, como xa fixo polo 8 de marzo.
A xornada comezará ás 12:00h coa benvida e a presnetción da obra “Promesas da vida” da vimiancesa Lucy Fidalgo. A partir das 13:15 comeza o recital poético da man de Antón Recamán, David Creus, Suso Bahamonde, Junquera Lóopez e Xaime Trillo.
Retomarase a actividade ás 17:15, cunha mesa redonda e un coloquio sobre o impacto da Intelixencia artificial na literatura. Ás 18:00h será Guadalupe Vázquez Formoso a que presente “Os sons do silencio”.
A xornada pecharase cun novo recital, da man de Xosé Iglesias, Ahinoa Conde, Rocío Leira, Concha Blanco e Xaime Trillo, demostrando o potencial poético da vila da Xunqueira.