A 4ª promoción do Eugenio López xuntouse 40 anos despois
07:24 16/07/18
Este pasado sábado 14 de xullo, unha trintena de persoas celebraban un xantar moi especial no Restaurante As Hortensias, en Corcubión. Celebrababan nada menos que os 40 anos da 4ª promoción do CEIP Eugenio López. Aqueles rapaces que saían ao mundo en 1978 da escola, mantiveron un emotivo reencontro co que fora o titor en 8º, Anxo Curral Coira, e o profesor de matemáticas, Manuel Amenedo Villar.
Foi un día estupendo, no que é certo que faltaron algunha que outra persoa (por enfermidade, por estar no estranxeiro…), pero tod@s estiveron presentes algún xeito. En total, foron 25 dos 42 alumnos daquela promoción.
A xuntanza comezou, despois das primeiras apertas, coa lectura dun pequeno texto institucional enviado precísamente polo equipo directivo do centro e dirixido aos alumnos desta 4ª Promoción, (1978-2018).
Durante a comida, realizáronse varias actividades dirixidas ao recordo de quen xa non poden estar (tanto alumnos como profesores) e, sobre todo, a moitas anécdotas e feitos que sucederon entón. Tamén se visionou un vídeo que preparara o titor con imaxes do Cee de entón, do que se vivía no día a día en 1978, e algunhas fotografías que se puideron recuperar de entón. Finalmente, houbo entrega de diplomas de asistencia como recordo para os presentes e tamén algúns pequenos detalles para recordar ese gran día, que é o que foi: un histórico, importante e gran día.
Estes foron o primeiro grupo do colexio en realizar unha reunión deste tipo e foi todo un éxito, polo que están pensando en volver reunirnos para o 41 Aniversario!