A arte de Viki Rivadulla está que Stoupa


Vanse convertir, se non o son xa, en referentes da cultura da Costa da Morte. Como a olería de Buño, as esculturas das bravas mulleres costeiras da muxiá Viki Rivadulla son un tesouro. E despois de percorrer medio país, fican á vosa espera na tenda turística Stoupa de Cee.
Alí estarán durante este mes de outubro xunto a unha selección de sete cadros da súa colección Nemancos. Uns cadros cargados de cor e viveza; unha homenaxe aos homes e mulleres de mar e unha profunda reflexión sobre o motivo que levou aos primeiros moradores da Costa da Morte a asentarse en tan bravo e perigoso lugar.
En canto á obra escultórica, Viki Rivadulla reafirma a forte tendencia feminista do seu traballo artístico presentando a serie Matria, un conxunto de esculturas que homenaxean “ás mulleres que nos trouxeron ata aquí, as que nos criaron, as que gardaron a nosa lingua e nola transmitiron en cada conto que nos contaban.Son as gardas do noso patrimonio máis prezado, a nosa forma de vida, a nosa forma de ser e entender o mundo, o noso idioma. Elas son as nosas nais, as nosas avoas, e as avoas das avoas, elas son verdadeiramente o lugar a onde pertencemos, elas son a nosa Matria.”, como afirma a propia artista.
A exposición poderá visitarse durante todo o mes de outubro en Stoupa (r/ Campo do Sacramento, 23, Cee) de martes a sábado de 11h. a 14h. e de 17h a 21h. Tamén os domingos de 11h a 14h.

Novas relacionadas
- Viki Rivadulla define coa súa arte en Fisterra aos habitantes das Terras de Nemancos
- Viki Rivadulla fixo soar O Bruar da Bughina en Vimianzo.
- Viki Rivadulla estreou entre versos amigos a exposición do seu mar.
Artigos de Viki Rivadulla
- A Barca e a resaca da festa do congro.
- A Barca, a pedra e o futuro.
- Moirame, o tesouro escondido da Costa da Morte.
- O Bruar da Bughina a soar na Sala Antón Mouzo.
- Pazos de Merexo.
- As uvas da ira e o pan da solidariedade.
- A avoa Lola.
- Que é a Sala do Perello?.
- Forza creativa e resistencia na Costa da Morte.
- Novembro.
- Dos retratos de Antonio Nodar aos autorretratos dos nosos gobernantes.
- Por que un Curso de galego aplicado ás Novas Tecnoloxías?.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).