A Autovía Costa da Morte, a segunda menos utilizada de toda Galicia


Fundamental para o desenvolvemento económico dunha comarca illada historicamente, pero non tan revolucionaria como puiderámos pensar hai 10 anos. Pode ser esta unha lectura dos datos que vén de facer públicos a Xunta na súa Memoria do Tráfico en Galicia 2017 sobre a Autovía Costa da Morte.
Uns datos que sitúan a Autovía como a segunda menos utilizada de Galicia (por dianteda Ourense-Celanova) e que devolven un panorama desolador sobre o despoboamento que vive a bisbarra.
Xa había quen en 2014 lamentaba o esforzo realizado arredor desta aUtopía pantasma. Unha infraestrutura non exenta de numerosas polémicas, da que se inauguraba só o 35% do prometido en 2016, con nada menos que 13 anos de retraso, con continuas mentiras sobre a súa apertura e sobre os polémicos procesos de adxudicacións.
Análise do tráfico na AG-55

Se de Coruña a Carballo hai unha media de 14.000 vehículos diarios pagando a primeira das peaxes, dende Laracha ata Carballo a media de vehículos xa baixa a 11.000. A circunvalación carballesa é utilizada por 9.300 coches cada día.
Chama a atención que o número de vehículos que utiliza a comarcal AC-552 entre Coruña e Carballo é semellante á da Autopista, o que demostra a imperiosa necesidade de eliminar as peaxes da AG-55.
Datos do novo treito Carballo-Baio
O novo tramo é utilizado por un máximo de 7.300 vehículos diarios, os que se rexistran entre Carballo e Coristanco. Unh acifra que en agosto pode chegaraos 9.000 pero que en febreiro baixa ata os 6.200.
Se seguimos baixando cara a Costa, as cifras van descendendo. Entre 6.000 e 7.000 utilizan a AG-55 entre Coristanco e Baio, e tan só 4.600 usuarios utilizan o Corredor entre Baio e Berdoias diariamente. Un dato que é dos verdadeiramente chamativos, pois hai 10 anos, en 2008, eran case 8.000 os vehículos que facían o treito Baio-Vimianzo todos os días pola AC-552.
A apertura do treito ata Baio si que produxo unha baixada na comarcal entre Coristanco e Agualada (de 10.000-15.000 a 1.500-3.000) e máis acentuada aínda no treito Agualada-Baio por onde pasan menos de 1.500 vehículos ao día.
Un 30% de desprazamentos menos que en 2008
Sumando estes datos (a cifra de vehículos que pasaban en 2008 pola AC-552 entre Vimianzo e Baio e os vehículos que suman a AC-552 e a AG-55 entre os mesmos puntosen 2017), podemos concluír que entre 2008 e 2017 hai unha baixada do 30% de desprazamentos diarios polo corazón da Costa da Morte.
Outras zonas máis densas
Se baixamos ata a comarca de Fisterra, a AC-442 rexistra entre Cee e Dumbría máis de 9.600 desprazamentos diarios, moi por diante do vial VG-14 que une Cee e Sardiñeiro (entre 1.500 e 3.000) e a estrada entre Corcubión e Sardiñeiro (menos de 1.500). Chegan a FIsterra cada día uns 4.000 vehículos diarios.
Outra das zonas máis densas da comarca é a vía “rápida” AC-415 que une Carballo e Buño, con 8.500 vehículos diarios.
Peaxe na sombra
Moitos colectivos denuncian que a concesión conleva unha “peaxe na sombra”, pois a concesión significa un custe ás arcas da Xunta de 23 millóns de euros anuais.
A historia da Autovía Costa da Morte
- Marzo 17: De Autovía a Corredor: Un novo recorte para a imprescindible infraestrutura da Costa da Morte.
- 09-03-17: O PSdG solicita un acceso directo ao polígono de Vimianzo na prolongación da autovía da Costa da Morte.
- 08-03-17: O BNG esixe o remate da Autovía Costa da Morte ata Cee
- 01-03-17: O grupo Popular defenderá no pleno a construción do segundo treito da autovía da Costa da Morte
- 01-08-16: Antelo pregúntalle a Feijoo polo treito sur da Autovía
- 29-07-16: Queda inaugurada a media Autovía da Costa da Morte.
- 20-07-16: 13 anos despois, a Costa da Morte terá por fin, media Autovía
- 16-06-16: BNG e PSOE critican o uso electoral da MiniAutovía e o GALP por parte do PP.
- 23-03-16: A autovía Costa da Morte abrirase ao tráfico este verán.
- 19-02-16: Os veciños do Outeiro, Agualada, terán un acceso seguro ás fincas que lindan coa Autovía Costa da Morte
- 20-01-16: Visita de rigor ás obras de conexión coa autovía da Costa da Morte
- 18-01-16: Comezan as obras do enlace da Autopista coa Autovía Costa da Morte
- 14-01-16: “O próximo verán” estará listo o tramo Carballo-Baio da autovía da Costa da Morte.
- 16-11-15: A Xunta recoñece que o treito sur da Autovía se realizarán cando San Xoán baixe o dedo.
- 19-10-15: A Autovía estará en funcionamento en verán de 2016, con 3 anos de retraso.
- 01-10-15: A Xunta asegura que realizou o pago de todos os terreos expropiados pola autovía Costa da Morte.
- 22-09-15: A Xunta reduce o número de enlaces da Autovía.
- 27-04-15: Os veciños de Coristanco esixen a saída da Autovía.
- 23-04-15: A Xunta elimina dúas saídas da Autovía.
- 30-03-15: O bo ritmo electoral da Autovía Costa da Morte.
- 16-03-15: Unha electoral e reivindicativa inauguración da tan necesaria Casa da Cultura de Cee.
- 16-03-15: Que pasa cas obras da Autovía feitas en Vimianzo?.
- 22-12-14: O BNG pide que a Autovía chegue a Cee.
- 09-12-14: As máquinas volven traballar na Autovía Costa da Morte case dous anos despois.
- 27-11-14: Que relación ten a trama Gürtel ca Autovía Costa da Morte?.
- 20-11-14: O BNG denuncia o sobrecuste e o PP repítese as súas promesas sobre a Autovía.
- 12-11-14: A Xustiza xulgará a legalidade da modificación do contrato da Autovía Costa da Morte.
- 06-11-14: É legal o proceder da Xunta coa Autovía Costa da Morte?.
- 23-10-14: O treito norte da Autovía e o dragado de Laxe, nos Orzamentos 2015.
- 21-10-14: O novo contrato da Autovía supón a anulación do treito sur.
- 16-10-14: As obras da Autovía non comezarán ata finais de 2014 e rematarán en outrubro de 2016.
- 29-09-14: Feijoo ratifica na súa visita a Camariñas que as obras da autovía se retomarán de forma inmediata.
- 24-09-14: O PP autoesíxese só o treito norte da Autovía.
- 01-09-14: Segunda marcha reivindicativa pola escombreira da Autovía Costa da Morte.
- 25-08-14: Os políticos moven ficha de marcha pola Autovía.
- 19-06-14: O BNG esixe, por enésima vez, unha solución inmediata á Autovía Costa da Morte.
- 10-03-14: Preguntando pola volta ás obras da Autovía.
- 05-05-14: A eterna promesa incumplida da Autovía Costa da Morte.
- 30-01-14: Unha colleita de sinaturas online para esixir o reinicio das obras da Autovía Costa da Morte.
- 03-12-13: A Xunta promete retomar as obras do treito Carballo-Baio da Autovía a primeiros de ano.
- 31-10-13: A Autovía volveu ao Parlamento e terá alomenos 3 anos de retraso.
- 25-10-13: A concesionaria da Autovía Costa da Morte, en creba.
- 04-10-13: O BNG pide que se anule o contrato coa concesionaria da Autovía e que a Xunta asuma un contrato de obra pública.
- 20-09-13: Os Concellos de Carballo, Vimianzo e Zas pregúntanlle á Xunta polas obras da Autovía.
- 11-09-13: O BNG denuncia a eterna parálise da Autovía Costa da Morte.
- 14-03-13: O Conselleiro ríese da Costa da Morte asegurando que a Autovía estará rematada no 2016.
- 04-03-13: O BNG denuncia a eterna parálise da Autovía Costa da Morte.
- 05-02-13: A Xunta recoñece case un ano de parálise na Autovía Costa da Morte.
- 08-10-12: A Xunta rectifica as verbas de Hernández e insiste en que a Autovía non está paralizada.
- 26-09-12: A Xunta ratifica os retrasos na Autovía ante a falta de financiamento da empresa.
- 22-09-12: A Autovía que separa.
- 20-09-12: A Autovía da Costa da Morte non estará rematada no 2013.
- 19-09-12: Os alcaldes da Costa únense ante a paralización das obras da Autovía.
- 06-06-12: As máquinas volven á Autovía e a Xunta asegura que se cumplirán os seus prazos.
- 06-06-12: Un poboado calcolítico afogado polo asfalto.
- 24-04-12: O Conselleiro ratifica unha Autovía rematada no 2013 e sen peaxe.
- 13-04-12: Os camións da Autovía paran.
- 03-04-12: Paralizadas as obras da Autovía?.
- 28-11-11: De Cee a Fisterra en 3 minutos pola VAC?.
- 02-08-11: Onte comezaron as obras da Autovía.
- 10-06-11: Asinado o contrato da VAC: As obras comezarán en agosto e estará lista no verán do 2013.
- 13-05-11: Adxudicación polémica da VAC.
- 04-05-11: A Xunta licitará a Autovía cun retraso de 2 anos, máis cara e ás mesmas empresas.
- 30-09-10: A Costa do Retraso.
- 09-09-10: Novo e eterno retraso da VAC.
- 26-12-08: O tramo entre Carballo e Baio entrará en servizo a finais de 2010 .
- 22-12-08: Touriño chega pola VAC e pon a primeira pedra da Autovía Costa da Morte.
Artigos relacionados
- Informe para evitar o desastre Económico-Financeiro da Costa da Morte.
- A tráxica e real historia, erro tras erro, do inoperante heliporto de Salvamento da Costa da Morte.
- Unha Autovía para a Costa da Morte. Reflexións en torno a unha autovía pantasma.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Praza.