Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Barca, a Romaría das Romarías

A Barca, a Romaría das Romarías
Romeiros da Pereirina na Barca-Foto-Rafa Quintans Romeiros da Pereiriña na Barca-Foto-Rafa Quintans Se cando dicimos que é a Festa das Festas da Costa da Morte é por algo. Poucas citas reciben máis visitantes, e máis variedade dos mesmos, que a Romaría da Virxe da Barca de Muxía. A Festa, que serve para pechar cada verán, aínda mantén a autenticidade das verdadeiras romarías, e aínda que hai quen pide máis Romaría e menos Festa, e aínda que haia campás de revoución entre a política local, a Barca segue sendo a gran romaría costeira. Esta semana xa se atopan ducias de grupos de peregrinos polos camiños. E non só dos que van cara a fin da terra seguindo as frechas amarelas, se non dos que van camiño do Santuario da Virxe da Barca. Como este grupo de 30 persoas da Asoc. de veciños de Pereiriña, que partiron dende a parroquia ceesa. Deron un alto para comer, e seguiron a andaina ata chegar a Muxía. Fixérono a golpe de gaitas,, tambores e pandeiretas do Grupo Peta Forte, coma se dun pasarrúas se tratase, que os acompañou ata mesma porta do santuario da Barca. Alí tocaron unhas pezas antes de escoitar a Novena. Xa a noitiña foron a comer unhas tapas no restaurante o Xardín e de volta en autobús, despois dun dia cargado de amistade e música entre un grupo de veciños que nunca falta a sua cita coa Barca de Muxía. Romeiros da Pereiriña camiño Barca-Foto-Rafa Quintans Romeiros da Pereiriña camiño Barca-Foto-Rafa Quintans Romeiros da Pereiriña camiño Barca-Foto-Rafa Quintans Romeiros da Pereiriña camiño da Barca-Foto-Rafa Quintans Romeiros da Pereiriña camiño Barca-Foto-Rafa Quintans Romeiros da Pereiriña camiño da Barca co grupo -Foto-Rafa Quintans Romeiros da Pereiriña camiño Barca-Foto-Rafa Quintans Romeiros da Pereiriña no Santuario da Virxe da Barca-Foto-Rafa Quintáns

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios