A campaña de doazón de sangue intensifícase
11:23 24/07/18
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue - ADOS - intensifica a súa campaña de doazón de sangue durante o verán, época na que baixan considerablemente as reservas de sangue. Ainda que a este xesto solidario está convidada toda a cidadanía, a ADOS fai un especial chamamento aos grupos sanguíneos A Positivo e A Negativo xa que, segundo indican, as reservas destes dous grupos presentan niveis baixos, polo que resulta preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que fai a Consellería de Sanidade por medio de ADOS.
E precisamente as unidades móbiles visitarán esta semana varios puntos da Costa da Morte. Se onte era o turno de Zas, hoxe o autobús da solidaridade estará en Baio, na estrada cara Laxe entre as 10:30 a 14:00 e de 16:30 a 21:00 horas. Tamén haberá unha unidade de doazón en Santa Comba, ao carón do centro de Cultura e estará en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 21:00 horas.
O venres e o sábado, unha unidade móbil estará ao carón do centro de saúde Cee, en horario de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas e o sábado só pola mañá. E tamén se desprazará ata Vimianzo, onde estará o venres de 16:30 a 21:00 horas.
Dende a ADOS recordan que os hospitais galegos precisan 500 doazóns diarias para levar a cabo axeitadamente o seu labor asistencial.
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Axencia Galega de Doazón de Sangue