![exposicion-pintura-cee]()
María Jesús Barros reside en Cee
A casa da Cultura de Cee acolle ata o 7 de xullo unha
exposición de pintura de María Jesús Barros Dios. A mostra pode verse no 1º andar do edificio en horariode 10:30 a 13:30 horas.
María Jesús Barros reside en Cee dende finais do 1994, agás unha paréntese de dous anos que residiu en Bailén, Xaén. Foi precisamente alí onde se iniciou na pintura e logo ampliou os seus coñecementos na materia asistindo a diferentes cursos.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)