Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A CIG e o Comité denunciará a “dubidosa legalidade” do Acordo Marco asinado por Ferrogloble cos sindicatos estatais

A CIG e o Comité denunciará a “dubidosa legalidade” do Acordo Marco asinado por Ferrogloble cos sindicatos estatais
Imaxe da concentración da semana pasada

Aprobaba esta semana Ferroglobe o Acordo Macro conxunto cos sindicatos estatais para todas as fábrica do grupo deixando sen efecto os actuais convenios vixentes en cada centro traballo. Pero non coa CIG e o Comité de Empresa Cee-Dumbría-CC.HH, que volverán saír este mércores á rúa a esixir que se manteña o marco de negociación colectiva en cada centro, entendendo que a negociación do Acrodo Macro “é de dubidosa legalidade”.

A CIG adoptará as medidas legais e sindicais necesarias para que o marco de negociación colectiva continúe estando nos diferentes centros de traballo. Lembran que “xa en abril de 2017, estes mesmos sindicatos e a Dirección da Empresa subscribiran un Acordo Marco ilegal e fallido ao pretender dispoñer da venda das Centrais Hidroeléctricas”.

Reitera a CIG na argumentación de que “camiñar cara a acordos marco é profundamente antidemocrático e regresivo na mellora das relacións laborais, ao deixar sen efecto o ámbito de negociación de centro de traballo, protagonizado polos comité de empresa e/ou delegados de persoal, con directa supervisión e control dos traballadores/as de cada fábrica, e que garante que as condicións laborais e sociais de cada cadro de persoal teñan unha solución acorde coas súas necesidades”.

Denuncian ademais “a constatación do retroceso das condicións laborais a través deste Acordo Marco evidénciase en todo o seu articulado, especialmente no referido a darlle toda a flexibilidade e facilidades á empresa para modificar as xornadas, calendarios e horarios de traballo”.

En materia salarial, sinala que “empobrece os salarios ao deixar sen suba o ano 2016 e 2017 (por moito que inventen uns supostos importes lineais consolidábeis e non consolidábeis). Xunto a isto, para o ano 2018, 2019 e 2020 establécense uns incrementos que non contemplan a garantía da cláusula de revisión salarial e garantía do poder adquisitivo dos salarios”.

Historia do Caso Ferroatlántica

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios