O colectivo COAP berrou en Cee ante a continudade do xenocido en Gaza
Esta tarde de xoves 6 de novembro, o Colectivo de Apoio a Palestina da Costa da Morte volveu promover unha nova concentración en contra do xenocidio. Unhas 30 persoas xuntáronse para berrar contra este xenocidio e deixar claro que o malchamado acordo de paz de Trump non é un camiño escollido polo pobo palestino nin pola cidadanía de Gaza.
As mulleres do COAP leron un poema de Rafee Ziadah e este manifesto:
Tralo chamado Acordo de Paz, máis dun millón de persoas seguen obrigadas a sobrevivir nunha pequena franxa de terra e en condicións de vida perigosas, no sur de Gaza, Palestina. Este desprazamento, xunto coa destrución masiva de infraestruturas civís e do sistema sanitario por parte das forzas israelitas, está creando a tormenta perfecta para a propagación de enfermidades. Israel debe permitir de inmediato una ampliación masiva da axuda humanitaria e garantir a súa libre entrada e distribución en Gaza.
A pesar do alto el fogo, a poboación gazatí continúa padeciendo un sufrimento extremo. A campaña xenocida de Israel durante os dous últimos anos deixouna traumatizada, ferida e exposta aos elementos xusto cando se aproxima o inverno. Sen melloras urxentes no acceso á auga, ao saneamento, o refuxio e a alimentación, máis persoas morrerán por causas completamente evitábeis.
“No sur de Gaza, as familias que tiveron que fuxir unha e outra vez están amoreadas nun mar de tendas improvisadas, abarrotadas nas poucas escolas que aínda permanecen en pé ou durmindo ao raso entre os escombros, as moreas de lixo, os restos animais e as augas residuais desbordadas”, segundo Aitor Zabalgogeazkoa, coordinador de emergencias de MSF en Gaza. “É algo totalmente inaceptable”.
A medida que baixan as temperaturas, as precarias condicións de vida aumentan a exposición das persoas ás inclemencias do tempo. Isto, sumado ao esgotamento xeralizado, agrava inda máis os riscos para a saúde.
Denunciamos
- un alto ao fogo que non o é, pois continúan as bombas e os disparos, os asasinatos de palestinas e palestinos, a fame e a desesperación pola falta de todo.
- o dobre raseiro da comunidade internacional no trato dos corpos de palestinos e israelitas. As intensas mobilizacións e demandas internacionais para recuperar os cadáveres de detidos israelitas contrastan cun silencio e abandono absolutos cara os miles de cadáveres palestinos atrapados baixo os escombros das vivendas bombardeadas por Israel na Franxa de Gaza.
Ningunha entidade internacional declarou a súa disposición para proporcionar os mecanismos, equipos e apoio necesarios para recuperar aos miles de vítimas palestinas. Estímase que hai máis de 5000 corpos palestinos baixo escombros ou en áreas de despregue israelita, mais os chamamentos para introducir os medios necesarios para a súa recuperación. - Os secuestrados israelitas eran reféns, mais os secuestrados palestinos son presos para os medios. A entrega de máis de 120 cadáveres palestinos amosaron terríbeis patróns de violacións dos dereitos humanos, con sinais de tortura: mans atadas, ollos vendados, corpos espidos ou semiespidos, feridas directas na cabeza e marcas de orugas dos tanque nalgúns casos. Algúns foron executados por aforcamento estando atados, outros presentaban sinais de queimaduras severas...
É precisa unha comisión de investigación internacional independente que determine a natureza das lesións, e garanta o respecto á dignidade humana das vítimas palestinas, de acordo co dereito internacional humanitario. - Denunciamos tamén, e en especial, o dobre sufrimento das mulleres palestinas: por seren palestinas, e por seren mulleres. Sofren todas as agresións desta barbarie, a violencia cotiá deste xenocidio, ven morrer as fillas e os fillos, non lles poden dar de comer nen curalas, e o seu corpo é campo de batalla, pois, incluso na busca da comida, son violadas e utilizadas polos homes, tamén palestinos.
Por elas, contra o xenocicio, por un alto ao fogo real e efectivo, inmediato e permanente, por un corredor de axuda humanitaria seguro, berramos por Palestina: PALESTINA VENCERÁ. POR GAZA, O MUNDO SE LEVANTA. PALESTINA LIBRE. AS NENAS DE GAZA NON SON UNHA AMEAZA.


