Luns. 09.09.2024
El tiempo

A CIG esixe ao novo goberno, cunha nova concentración masiva, medidas inmediatas contra a precarización

A CIG esixe ao novo goberno, cunha nova concentración masiva, medidas inmediatas contra a precarización
CIG_panfleto_comarcal_Cee_2 copia

Finamente, a CIG desconvocou a folga polo cambio de goberno estatal, pero quixo manter unha xornada nacional de mobilizacións nas sete cidades e as principais localidades do país, baixo o lema "Xa é hora de recuperar os nosos dereitos". Este martes 19 de xuño, xentes de 14 vilas do país sairán á rúa para presionar o novo Goberno e as forzas que o fixeron posíbel a cambiar as políticas que provocaron a precarización e o empobrecemento da clase traballadora.

Na Costa da Morte a cita será cunha concentración ás 20:00h do martes diante da Casa do Concello.

Unhas mobilizacións que vén confirmadas a súa necesidade tralas as afirmacións realizadas esta semana pola ministra de Traballo a respecto de que o Goberno non se formula derrogar a reforma laboral. De aí que, como sinala Paulo Carril, o secretario xeral da CIG, “só a través da mobilización lograremos recuperar e avanzar nos nosos dereitos”.

Unha saída para esixir a inmediata derrogación das reformas laborais, o afianzamento da negociación colectiva e das pensións dignas e públicas. Para solicitar avances reais nos dereitos das mulleres; frear as medidas de recortes ás persoas desempregadas; reverter o retroceso nas liberdades fundamentais; ou acabar coa privatización e desmantelamento dos servizos públicos.

A CIG, que pediu unha reunión coa nova Ministra de Traballo, pide “vontade” para levar adiante eses cambios.

Ademais, lamentan que CCOO e UGT sigan “sementando a confusión” e asegura que “non hai razóns para desmobilizar, senón todo o contrario”. Nese senso, dende a central galega consideran que o acordo interconfederal de negociación colectiva que están negociando CCO e UGT “en absoluto vai dar solucións para que se recuperen os salarios e pode impedir a recuperación dos dereitos lexitimando a reforma laboral, como xa fixeron coa sinatura de acordos anteriores, se se reedita nos mesmos termos que aqueles”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios