Venres. 19.04.2024
El tiempo

A CIG reclama a anulación da votación na que se aprobou o Acordo Marco en Ferroatlántica

A CIG reclama a anulación da votación na que se aprobou o Acordo Marco en Ferroatlántica
O Comite de Ferroatlantica queima o acordo marcro O Comite de Ferroatlantica chegou a queimar o pasado maio o Acordo Marco proposto pola dirección Por unha estreita marxe de 7 votos gañaba o si no referendo sobre o convenio laboral presentado pola dirección de Ferroatlántica, quedando, en principio, aprobado o Acordo Marco contra o que tanto loitaron os traballadores das fábricas de Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas. Un feito sorprendente, logo de varios meses de silencio, despois de dous convulsos anos de mobilizacións nos que os traballadores chegaron a queimar en público a proposta laboral da dirección de Ferroglobe. Deste xeito, en principio queda aprobado o Acordo Marco proposto pola empresa nas únicas fábricas do grupo da península que quedaban pelexando pola negociación do convenio en centro de traballo. Pero dende o sindicato maioritario dos empregados das fábricas costeiras, a CIG, entenden que a cousa non será tan sinxela. A sección sindical da CIG en Ferroatlántica informou ante Inspección de Traballo “as irregularidades manifestas coas que se celebrou o referendo para a aprobación do texto do convenio colectivo”. A central cualifica a votación de "fraude electoral" xa que se permitiu participar as 20 persoas que non estaban incluídos nos censos ao non ter contrato en vigor coa empresa, saltándose así o establecido no Estatuto dos/as Traballadores/as. Por isto a central reclamou a anulación dos resultados e que se convocara a asemblea de traballadores/as, ou do contrario, presentaría denuncia na Inspección de Traballo. Segundo a CIG convenio colectivo, aprobado gracias aos votos dos representantes da CGT e varios independientes, non foi consensuado previamente no pleno do comité e non pasou pola Asemblea de Traballadores, pois o texto que votou o persoal difire do borrador asinado entre comité e empresa, “que contén novas condicións de traballo e recortes dos dereitos laborais e salariais adquiridos, dos que o persoal non foi informado", advirten. Ademais, denuncian que “”son totalmente discriminatorios e de dubidosa legalidade, por manter os privilexios dalgunhas das persoas asinantes a conta do conxunto do cadro de persoal”.

Intromisión da empresa

A CIG quere denunciar a vulneración do dereito sindical e a intromisión descarada da Dirección de empresa de Cee no referendo, xa que se dedicou a chamar un por un ao persoal eventual para que foran a votar de xeito favorable á proposta.

Novas asembleas

Asemblea de traballadores na fabrica de Brens Imaxe da Asemblea de traballadores desta mañá na fábrica de Brens Este venres os traballadores e traballadoras teñen novas asembleas en Cee e Dumbría. Ás 10:00h xa se celebraba a primeira sesión en Brens, e bastante caldeada. A xente amosouse "moi indignada con que se firmara o convenio en base a un referéndum ilegal no que votaron 20 persoas que xa estaban dadas de baixa da empresa", sinalan dende a CIG. Presentes estiveron os 7 sete firmantes (4 de CGT, 3 independientes e 2 de empresa) non quixeron recoñecer a "soberanía da asamblea". O Comité preguntoulles ata tres veces: "Recoñecedes a soberanía da asamblea?", pero no momento no que se pediu que se volvera a someter a referéndum o texto definitivo, marcharon da sala.  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/os-traballadores-de-ferroatlantica-que-asinaron-o-acordo-marco-apoian-aos-companeiros-de-alcoa/

Máis novas do conflito #Ferroatlántica

Comentarios