A CIG salta ante o posible ERE temporal nas fábricas de Ferroatlántica


Volve a sombra dos recortes laborais sobre Ferroatlántica. Estes días saltaron informacións sobre a intención da dirección de Ferroglobe de realizar un ERE temporal nas fábricas de Ferroatlántica de Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas. Unha medida que tomaría a empresa a raíz dos resultados da poxa da interrompibilidade, e ante a que a CIG quere mostrar o seu total rexeitamento.
A sección sindical da CIG neste centro de traballo, que por agora non ten notificación oficial a este respecto por parte da empresa, pero entende a gran preocupación xerada entre o persoal das compañías auxiliares, que de maneira extraoficial xa comunicaron a parada para finais deste mes de decembro.
A CIG afirma que non hai razóns para un ERE a pesar dos “desastrosos resultados da poxa da interrompibilidade no conxunto das empresas electrointensivas”. “Non sería entendíbel nin estaría xustificada a aplicación dun expediente de regulación de emprego nas fábricas da Costa da Morte, atendendo aos bos resultados económicos obtidos durante o ano 2018. E moito menos tendo en conta a vinculación coas centrais hidroeléctricas, que converten a Ferroatlántica en produtora de enerxía e nunha das beneficiarias dos elevados prezos da electricidade, un alto custe que, paradoxalmente, sería a escusa para formular ese posíbel ERE", denuncian.
”Deslocalización”
Neste sentido, entenden que “atrás destas informacións hai unha estratexia e unha intencionalidade clara da empresa de deslocalización da produción, o que suporía o peche de centros de traballos e/ou de unidades produtivas. Unha estratexia posta en marcha desde a fusión con FerroGlobe. Intentárono primeiro coa venda das centrais, corroborouse coa adquisición das fábricas de Noruega e Francia (que son competidoras directas das instalacións da Costa da Morte) e agora prosegue a ofensiva coa escisión patrimonial de centros (seguindo o modelo de Alcoa) e tentando a xustificación dun ERE a través do nefasto resultado da poxa", alertan.
Así, piden compromisos do goberno galego e español para obrigar a entidade a manter os centros produtivos no país.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/ferroatlantica-despide-un-traballador-que-foi-delegado-sindical-da-cig-por-un-comentario-nunha-rede-social/ “A CIG reclama a anulación da votación na que se aprobou o Acordo Marco en Ferroatlántica” — Que pasa na costaMáis novas do conflito #Ferroatlántica
- Xuño 18: O Comité de Ferroatlántica non saiu con boas sensacións da reunión coa Dirección.
- Maio 2018: O Comité queima o Acordo Marco de Ferroatlántica.
- Decembro 17: Os traballadores de Ferroatlántica volven concentrarse contra o chamado “Acordo Marco”.
- Decembro 17: Augas de Galicia confirma que as centrais e a fábrica de Brens son inseparables.
- Novembro 17: “A gran mentira” do Plan Industrial de Ferroatlántica:
- 16-05-17: Preocupación no Comité de Ferroatlántica trala falta de compromiso do Conselleiro de Industria.
- 16-02-17: O Parlamento galego esixe por unanimidade que non se autorice a venda de Ferroatlántica
- 03-11-16: A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas