Buserana fará entrega dos Premios Literarios do 25N na concentración habitual
16:34 24/11/25
Non pode faltar cada 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, a concentración promovida pola Organización Feminista Buserana. Unha entidade, que ademais da loita e da reivindicación, quere aproveitar a data para fomentar a creatividade. E nesa liña aproveita a data para convocar o Certame de Microrrelatos.
Así, a concentración deste martes 25 de novembro ás 20:00h na Praza 8 de Marzo de Cee, servirá tamén para anunciar os relatos gañadores do certame, realizar a súa lectura e facer a entrega dos agasallos.


