A compañía costeira Talía Teatro conducirá a gala dos XXII Premios María Casares


Non teremos, como o ano pasado, moitos candidatos entre os nominados finalistas destes #MariaCasares18 (apenas aparece o cormelán Víctor Mosqueira entre os nominados a actor secundario). Pero os premios do teatro galego serán guiados con seseo e gheada. A compañía costeira Talía teatro será a encargada de conducir a gala dos XXII Premios María Casares, que se celebrarán o 21 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña.
A compañía, que neste 2018 cumpre 30 anos de traxectoria escénica, e a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), entidade organizadora dos galardóns, quere confiarlle a condución. Farano cun espectáculo dirixido por Artur Trillo e protagonizado por Diego Rey, Marta Lado, Marta Ríos, Xurxo Barcala, Dani Trillo, María Ordóñez e Toño Casais. Ademais Dani Trillo será o responsable da escenografía e Martina Cambeiro, da maquillaxe e vestiario dos intérpretes.
O Coro Encaixe porá música á gala.
Talía Teatro súmase así á nómina de compañías teatrais que nos últimos anos asumiron a dirección e presentación da gala dos Premios de Teatro María Casares, encargo que a AAAG xa encomendou en edicións anteriores a outras prestixiosas formacións da nosa escena como son Chévere, Voadora, Ibuprofeno Teatro ou Elefante Elegante.
Un pouco de historia de Talía Teatro
Talía Teatro, que cumpre trinta anos en escena neste 2018, aglutina un equipo de profesionais das artes escénicas que baixo a dirección de Artur Trillo acumulan anos de traballo en común e entre os que existe unha sintonía na forma de entender o feito teatral. Dende a súa posta en marcha en 1988 coa montaxe O Rei aborrecido, de Xesús Pisón, Talía tenlle regalado ao público máis de 40 montaxes diferentes. Desa ampla produción, podemos destacar montaxes como Gaivotas subterráneas (Alfonso Vallejo, 1991), Fando e Lis (Fernando Arrabal, 1994), A secreta obscenidade de cada día (Marco Antonio de la Parra, 1996), Soños dun sedutor, (Woody Allen, 2000), Menos Lobos (Artur Trillo, 2000), Xustiza Infinita (Cándido Pazó, 2002), Bicos con Lingua (VV. AA. 2003), Esperando a Godot (Samuel Becket, 2006), Pelos na lingua (2011), O método Grönholm (2012), Foucellas (Cándido Pazó, 2016) ou O servidor de dous amos (Goldoni, 2018), a súa montaxe máis recente.
Os María Casares
Os XXII Premios María Casares contan co patrocinio de institucións como a Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic-Xunta de Galicia), o Concello da Coruña, a Deputación da Coruña, o Padroado da Cultura de Narón, a Fundación AISGE e a Fundación SGAE. Nesta edición dos galardóns, un total de 9 espectáculos compiten polos 14 galardóns nos que se dividen os premios, sendo os espectáculos con maior número de finalistas Resaca, de ilMaquinario Teatro, que aspira a 10 galardóns; Martes de Carnaval, do Centro Dramático Galego, que opta a 9 galardóns; Soño dunha noite de verán, de Voadora, que compite en 7 categorías; A cabeza do dragón, de Producións Teatráis Excéntricas, que tamén aspira a 7, e Elisa e Marcela, que loita por alzarse con 6 galardóns. Durante a gala, a actriz e directora teatral Rosa Álvarez recibirá o Premio de Honra Marisa Soto.Novas relacionadas
- #MariaCasares17: Acento costeiro nos Premios María Casares do teatro galego.
- 2017: A Costa da Morte copa as nominacións aos Premios María Casares.
- 2017: Marta Lado e Federico Pérez, nomeados para os #MestreMateo17.
- 2016: Unha manchea de artistas da Costa da Morte nas pre candidaturas aos Premios #MaríaCasares e #MestreMateo.
- María Casares 2015: Xurxo Borrazás celebrou o Día do Teatro nos Premios María Casares.
- MaríaCasares 2014: Os MaríaCasares convertíronse nun furancho por Pico.
- María Casares 2013: Os mellores actores de Galicia son da Costa.
- María Casares 2012: Talía Teatro e Vicente de Souza traen dous novos premios á Costa duns María Casares máis reivindicativos ca nunca.
Máis novas audiovisuaus
- As minas de Barilongo de Santa Comba, un escenario de película.
- Ana Oca estréase como actriz en Hospital Real.
- Dous costeiros no Hospital televisivo de Urxencia Cero.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).