A comunidade do Eugenio López quixo homenaxear ao seu director Manuel Canosa

08:40 19/10/15


Quixo a comunidade do CEIP Eugenio López de Cee brindarlle unha fermosa homenaxe ao seu director. Xubílase Manuel Canosa, e unhas 55 persoas, compañeiros actuais e antigos, quixeron celebrar unha comida en familia este pasado sábado 17 de outubro para agredecer os seus 25 anos de dedicación ao centro ceense.
"Foi un encontro donde tivo lugar un cúmulo de sentimientos e recordos de tódolos anos de servizo abnegado para co centro e con toda a súa comunidade educativa", cóntanos Montse, a presidente da ANPA. Todos saben das numerosas horas adicadas ao centro, mesmo en sábados e domingos, o que unido ao seu bo talante, fanlle un home tremendamente querido por compañeir@s, nen@s e pais e nais.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).