A Costa da Morte, referente educativo na diversidade


Unhas xornadas tremendamente útiles para o profesorado e para as familias as organizadas pola Federación de Anpas Provincial Costa da Morte e o CEFORE, co apoio do Concello de Cee. As Xornadas Vivimos na Diversidade, compaxináronse coa segunda etapa do Camiño dos Faros SenLímites 2017 para convertir a Costa da Morte nun referente en diversidade e inclusión. Unhas materias que deben ser tomadas como inherentes á educación.
As ANPAS quedaron moi satisfeitas, tanto pola alta, e activa participación nas dúas actividades, como polo éxito organizativo. A idea das Xornadas ceenses era aprender xuntos, profesorado, pais e nais, para mellorar as prácticas educativas, atendendo á diversidade do alumnado. Así, as boas prácticas que temos arredor serviron de espello onde mirarse. As Regueifestas do IES de Baio, o programa “De ti a ti”, do IES de Fisterra; os Iutubers do CEIP de Cee, ou os Cats do CPI A Picota, foron algúns dos modelos para toda a comunidade.



As xornadas incluíron tamén unha visita ao Museo da Fundación Fernando Blanco, repasando aquela avanzada experiencia pedagóxica desenvolta na Escola de Nenas de Cee. O seu programa combinaba unnha educación humanista e cientifíca co ensino de materias prácticas necesarias para o desenvolvemento económico da comarca.
A cousa rematou a ritmo das guitarras dos carballeses Dude Soul Rock:
https://www.facebook.com/dude.carballo/videos/1944692235765437/Camiño SenLímites

Son especiais estas etapas do inclusivo Camiño dos Faros SenLímites 2017. Diferentes colectivos visibilizando unha problemática tan evidente, e demostrando que a diversidade só pon límites na cabeza do que mira.
Dende Corme a Valarés realizaron os bravos transos gracias á colaboración dunha marea de colectivos, cun tempo que non cumpriu cas ameazas e mantivo secas as roupas.
Novas relacionadas
- As ANPAS e o CEFORE organizan unhas Xornadas para mellorar as prácticas educativas ca diversidade.
- O Camiño dos Faros SenLímites botou andar dende a Coruña.
- As entidades sociais amosan os éxitos da inclusión costeira.
- 17-02-17: A comunidade educativa volve por enésima vez á rúa para berrar contra a LOMCE.
- 04-02-17: As entidades sociais amosan os éxitos da inclusión costeira.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).