A Costa da Morte únese na rede para pedir a Feijoo que intermedie no caso Ferroatlántica

07:00 31/10/16

- Change.org: Asina a petición a Feijoo pola LA NO SEGREGACIÓN DE LAS CENTRALES HIDROELÉCTRICAS DE LAS FÁBRICAS DE CEE Y DUMBRÍA.
Situación
Explica o Comité na Petición que esta operación a xustifica pola complicada situación financieira, principalmente polas pérdidas na construtora Obrascon (OHL). Na operación de compra destes activos hidroeléctricos están interesados empresas como Endesa e o fondo americano de inversión de capital-risco KKR. A fábrica de Cee tén unha capacidade de produción anual de 18.000 toneladas de Ferrosilicio, 37.000 de Silicomanganeso, 55.000 de Ferromanganeso, 6000 de Pasta de Electrodos e 3.000 de Microsílice. A Fábrica de Dumbría tén unha capacidade anual de producción de 61.000 toneladas de Ferrosilicio, 6.000 de Ferrosilicio Afinado, 6.000 de Ferrosilico HP (Alta Pureza) e 13.000 toneladas de Microsílice. A actividade de produción de enerxía comprende seis centrais hidroeléctricas no río Xallas [Fervenza, Ponteolveira, Castrelo, (Pindo, fora de servizo) Novo Pindo e Santa Uxía I e II] e unha central no río Grande (Carantoña). Con unha potencia total de 154 MW. Ademáis do encoro da Fervenza con unha superficie anegada de 1.250 hectáreas nos municipios de Zas, Mazaricos, Dumbría e Carnota que supuxo a desaparición baixo as súas augas das aldeas de Pazos, Vilafernández, Ribeiro de Arriba, Ribeiro de Abaixo, Castrarón, A Pesqueira, Niñáns, Ribadeza e todo o Val dos Vaos con igrexa incluida (ano 1.733). Tén unha capacidade de 104 millóns de metros cúbicos de auga embalsada. E o encoro de Santa Uxía con unha capacidade de 18 millóns de metros cúbicos de auga embalsada. Todas éstas concesións administrativas foron feitas en base a protexer e consolidar o emprego na bisbarra da Costa da Morte e Carburos Metálicos (propietario anterior) puxo como disculpa para solicitar a construción, tanto dos encoros como das centrais hidroeléctricas, a creación de postos de traballo, asegurar o emprego nestas factorías, garantizar a continuidade das fábricas, riqueza para a bisbarra, etc. etc. Polo que éstas concesións foron condicionadas á xeneración de enerxía para producir ferroaliaxes. As concesións tanto dos encoros como centrais hidroeléctricas foron autorizadas por medio de expropiacións forzosas urxentes para unhas obras declaradas de utilidade publica. A éstas expropiacións hai que engadirlle ademáis a expropiación forzosa dos terreos para as líneas de conexión das centrais coas fábricas de Cee, Dumbría, e a línea a Mesón do Vento para súa conexión coa rede eléctrica española (Redesa). Ésta operación de venta de activos hidroeléctricos contrasta cos proxectos en marcha das tres novas centrais hidroeléctricas no rio Xallas: Fervenza II, Ponte Olveira II e Novo Castrelo que están en fase avanzada de construcción.Historia da compra do Grupo Villar Mira
En 1992 o Grupo Villar Mir pretendía comprar a división de ferroaliaxes de Carburos Metálicos separando as actividades de ferroaliaxes e enerxía en dúas empresas. É dicir, o que realmente pretendía o Grupo comprador era a conversión das centrais eléctricas, ate agora destinadas finalmente á provisión de enerxía ás fábricas de Cee e Dumbría, en meras productoras de enerxía eléctrica para a súa venda no mercado. O Goberno de Fraga Iribarne na Xunta de Galicia en uso das atribucións e competencias que con carácter exclusivo en materia de industria lle atribúe o Estatuto de Galicia, baseándose en que o suministro de fluído eléctrico e toda a actividade de produción, transformación e distribución constitúe un servizo público, condiciona a autorización administrativa do cambio de titularidade das concesións que Carburos ten dos aproveitamentos hidroeléctricos dos ríos Xallas e Grande do Porto, a non segregación en dúas sociedades distintas da actividade de ferroaliaxes e produción de enerxía eléctrica. Para preservar o interés público, no documento de inscripción dos aproveitamentos hidroeléctricos nos ríos Xallas e Grande do Porto figuran as condicións de non segregación en dúas sociedades distintas para salvagardar o interés público e condicionando que a producción de enerxía esté vinculada aos usos industrias das fábricas. Para a autorización definitiva en marzo de 1994 dos aproveitamentos hidráulicos, a Xunta de Galicia esixe ademáis ao comprador un plan de viavilidade que garantice a solvencia na explotación conxunta da explotación de enerxía eléctrica e ferroaliaxes. A Xunta de Galicia con bo criterio para a defensa do interés público puxo de manifesto con estas condicións a especial cautela que as Administracións Públicas deben adoptar diante de actuacións de “inxeñería financieira” tan denostadas na actualidade. Todas e cada unha destas condicións foron aceptadas nun principio polo Grupo comprador pero interpuxo recurso contencioso administrativo diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que en data 09/05/1996 falla en favor da Xunta de Galicia. Ferroatlántica recurre o fallo do T.S.X.G diante da sala do contencioso do Tribunal Supremo que volve a desestimar o recurso en data 15/10/2001. Por todo o exposto, pedímoslle ao Presidente da Xunta de Galicia que manteña as condicións de non segregación das centrais e fábricas, que serviron de base á autorización administrativa para preservar o seu interés público, así como o compromiso por parte da Xunta de Galicia de que en ningún caso ningún cambio de titularidade dese complexo industrial e enerxético suporá a súa segregación. Rogándolle que interveña, en uso das atribucións e competencias que con carácter exclusivo en materia de industria lle atribue o Estatuto de Galicia, para paralizar cautelarmente a operación prevista de venta por parte de Ferroatlántica, dos seus activos hidroeléctricos nos ríos Xallas e Grande do Porto e si fora necesario, suspender tamén cautelarmente as concesións administrativas que Ferroatlántica ten desos aproveitamentos hidroeléctricos.- Change.org: Asina a petición a Feijoo pola LA NO SEGREGACIÓN DE LAS CENTRALES HIDROELÉCTRICAS DE LAS FÁBRICAS DE CEE Y DUMBRÍA.
Novas relacionadas
- 29-10-16: O Pleno de Cee únese para instar á Xunta que non permita a segregación das actividades de Ferroatlántica.
- 28-10-16: O comité de Ferroatlántica entende a venda das centrais hidroeléctricas como unha operación especulativa.
- 27-10-16: FerroAtlántica recoñece a existencia de ofertas para adquisión das centrais hidroeléctricas do grupo
- 26-10-16: O Comité de Ferroatlántica bérralle á Xunta que pare a venda das centrais hidroeléctricas do Xallas e Grande
- 25-10-16: Os alcaldes da Mancomunidade de Fisterra tamén esixen a Feijoo que reciba ao Comité de Ferroatlántica.
- 24-10-16: O Comité de Ferroatlántica pide á Xunta desautorice a venda das centrais co apoio de Pequeño.
- 21-10-16: A venda das centrais, a ruina da comarca.
- 20-10-16: Traballadores de Ferroatlántica solicitan unha reunión co alcalde de Dumbría.
- 19-10-16: Os traballadores de Ferroatlántica únense ante a pantasma da venda das centrais hidroeléctricas
- 18-10-16: Membros de En Marea e do PSdeG reúnense co comité de empresa de Ferroatlántica
- 14-10-16: O BNG esíxelle á Xunta que paralice calquera especulación das minicentrais hidroeléctricas do Xallas
- 12-10-16: O BNG Costa da Morte apoia ao Comité de Ferroatlántica para evitar a segregación
- 11-10-16: O Comité de Ferroatlántica esixe a non segregación das actividades produtivas
- Abril 2016: Ferroatlántica calma os ánimos ante as críticas do BNG sobre a perda de postos de traballo.
- Marzo 2016: Medra a presión sobre o mantemento da actividade productiva de Ferroatlántica.
- Febreiro 2016: O grupo popular esíxelle a Ferroatlántica que manteña os postos de traballo
- Febreiro 2016: Os sindicatos e o BNG esixen a Ferroatlántica o mantemento dos compromisos laborais
- Decembro 2014: Por unha Tarifa Eléctrica Galega.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)