Martes. 05.11.2024
El tiempo

A Costa da Morte volve situarse na vangarda do pensamento

A Costa da Morte volve situarse na vangarda do pensamento
Pablo-Seoane-Javier-Turnes-e-Sergio-Cernadas-na-Presentacion-do-Ciclo-Pensar-a-Voces

En marcha xa están os III Encontros de Filosofía na Costa da Morte. Uns encontros que farán que as vilas de Corcubión e Cee sexan, de novo, o centro do pensamento contemporáneo galego. I é que a motivación dos organizadores é precisamente esa, "facer música e pensamento aquí, na Costa da Morte, por unha mera razón ética: traer a cultura á periferia". De feito, o paralelismo entre o inxusto tratamento histórico á música e á Costa da Morte fai que estas xornadas teñan, se cadra, un sentido máis amplo.

Así, ao longo dos venres e sábados do mes de setembro de 2011, a Costa da Morte farase "a pregunta pola música, ou sobre como pensar a voces". I é que ese é precisamente o lema desta terceira edición dos seminarios filosóficos na nosa bisbarra: "Pensar a voces".
Precisamente "o pensar sobre as cousas sobre as que non se soe pensar, sobre o non común", é un dos obxectivos deste ciclo, como nos conta un dos seus promotores, Javier Turnes. Un ciclo que combina charlas, obradoiros, mesas redondas, exposicións, performances, concertos, jam-sessions e ata paseos sonoros: actividades plantexadas para que os asistentes non sexan meros espectadores ou oíntes senón verdadeiros participantes das xornadas.

Nesa liña, o evento ten un afán integrador e divulgativo, querendo saírse do elitismo que soen ter esta clase de inciativas. E para iso fan da música o principal argumento. O ciclo terá unha doble función: unha con claro compoñente lúdico; e unha formativa, para a cal a Universidade de Santiago de Compostela se amosou encantado de participar e outorgar 1 crédito.

Pero como contaba Pablo Seoane, "o ciclo pretende achegarse á música dende puntos ben distintos, non só dende o filosófico, senón tamén dende o clínico, científico, dende as artesa plásticas e mesmo dende o eido xurídico".

"Que facemos aquí?"

Iso é o primeiro que se pregunta Sergio Cernadas, un dos responsables da entidade xérmolo de todo este movemento, a Universidade Cromática das Virtudes (UCV). Dende diferentes puntos da Costa da Morte, un grupo de mozos prantexan "a necesidade de instaurar un espacio para pensar na Costa da Morte. Un espacio para achegar nova ideas a esta a nosa Siberia particular". Para eles, "a Costa da Morte ten que convertirse nun espacio receptor, pero tamén produtor de cultura".

Xa van case para dous anos dende a súa creación, e ademais de idear e participar da organización dos dous Encontros anteriores (un sobre o movemento Tiqqun e outro cunha visión inusual de Marx, teñen creado en diferentes actividades culturais: un ciclo de cine e música, a publicación dunha revista, os Encontros na Diáspora, e un seminario permanente de lectura.

Organización

Tremendo o equipo que estará detrás do evento. Esta edición, o mestre de filosofia Javier Turnes codirixe os encontros con Pablo Seoane, e contan coa colaboración de Nel Rodríguez Rial, Facultade de Filosofía, Departamento de Filosofía e Antropoloxía Social, USC (que producirá un Curso de Formación Continua equivalente a 1 crédito) , El Sur se mueve e a asociación local, xérmolo dos seminarios, Universidade Cromática das Virtudes.
Tamén patrocinan os Encontros as empresas: Ferroatlántica S.L., Inforneria, Vive Fisterra (Servicios Turísticos) así coma outras empresas que ao longo do verán se irán incorporando coa súa colaboración.

Programa

Estes terceiros Encontros caracterizaranse por un achegamento multidisciplinar ao fenómeno musical por medio de reputadas voces procedentes non só da Filosofía e da Música, senón de campos tan dispares como a física, a neurociencia, a psicoloxía, o dereito ou as artes plásticas. Entre esas voces atopamos a músicos como Abe Rábade, o Taller Atlántico Contemporáneo (que xa deixou a súa apocalíptica pegada no Cabo Fisterra), Alejandro Vargas ou Diego García e a teóricos coma Ramón Andrés ou Fernando Palacios entre os máis de vinte nomes que presentan estes Encontros.

"A xente que vai vir a Costa da Morte ten moito que dicir. A dimensión sonora destas xornadas é realmente importante", incidiu Pablo Seoane.

Un Orquestra Fortuita

Unha das novedades máis impactantes dos encontros é a creación da Real Orquesta Fortuita da Costa da Morte, a ROFCOM. Nela formarán, de primeiras, os Pablo Seoano (bedel, piano), Alejandro Vargas (máquina de escribir, piano), Lar Legido (batería, percusión), José Manuel Díaz (contrabaixo), Ton Risco (vibráfono, percusión), Olivier Cano (flauta traveseira, saxo alto), Manuel Paino (trompeta), Óscar Prieto (tuba), Lúa Gándara (voz) e Rafa Poncela (voz).

Colleita de saber

A idea do equipo organizativo é que todo o acontecido se recolla en diferentes formatos audiovisuais e textuais. Xa hai de feito varias editorias interesadas en publicar os textos que saian, e que se presenten, nas xornadas.

Matrícula

Son dúas as formas de mátricula. A través da web da USC (www.usc.es) abrirán en breve o prazo de matrícula para inscribirse nas 4 sesións de fins de semana que se convalidarán por 1 crédito.

Pero ademais, dende www.pensaravoces.com poden formalizar as inscricións por fins de semana (35€ cada un) ou para as 8 sesións (120€ e 100€ para estudiantes).

Máis información

Toda a información relativa ó programa, aos prazos de matrícula, aos custos e mesmo ao aloxamento, poden atoparse na web:

Novas sobre os Seminarios de Fisolofía da Costa da Morte

Artigos de Javier Turnes en "A Escarpadura"

Outras novas

Fonte

Comentarios