A farmacéutica ceense que loita contra o intrusismo
A Asociación Galega de Farmacéuticos Adxuntos acaba de ser premiada por Correo Farmacéutico na 15ª Edición dos premios ás mellores iniciativas no mundo farmacéutico, celebrado en Madrid o pasado 13 de marzo. Unha ASGAFA que ten na súa directiva unha veciña da Costa da Morte. A ceense Vanessa Caamaño Castro é unha das vogais da entidade, quere compartir coa comarca un recoñecento ás actividades da súa asociación ”na defensa da nosa profesión fronte ó intrusismo, e en fomentar a formación e a mellora na calidade da Atención Farmacéutica”.
Cóntanos Vanessa que a asociación xa leva algúns anos creada, pero “os novos cambios que se fixeron na directiva levaron a un maior impulso das accións reivindicativas e que implicaron, entre outras, reunións con representantes dos Colexios Oficiais de Farmacéuticos, con altos cargos directivos do SERGAS, e tamén co Conselleiro de Sanidade actual”.
”O feito de recibir este premio axudaranos a continuar co noso traballo con máis esforzo e decisión a pesar das muitas dificultades (incomprensión, indefensión, descoñecemento sobre a labor que facemos) cas que nos encontramos. Temos muito que ofrecer e que compartir cos nosos compañeiros farmacéuticos, e muito que pelear aínda para defender e mellorar as nosas condicións laborais, pero sobre todo temos que dar a coñecer á xente, ós usuarios dos servicios de Farmacia, que nin todos os que levamos bata blanca temos a misma formación ou cualificación, e que tampouco todos temos como obxetivo vender: o meu traballo consiste en dispensar, asegurarme de que o enfermo que leva un fármaco sabe o que ten entre mans e como usalo de xeito que se lle saque o máximo beneficio, o cal implica mellorar a súa saúde”, explícase.
Recoñece que “queda moito traballo por diante”, pero apunta que “tamén temos moitas gañas así que só nos queda a poñernos mans á obra e levar a cabo o desarrollo dun proxecto que naceu na nosa Comunidade e que outras están tomando xa como referencia”.
Nós non podemos máis que felicitala polo seu traballo!
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).