A Federación Española de Fotógrafos concédelle dous novos recoñecementos a Marcos Rodríguez
21:30 28/03/17
A FEPFI acaba de outorgalle a Marcos Rodríguez o recoñecemento de "Maestro Fotógrafo" e o premio de "Calidade fotográfica". Imaxe: Arantxa Suárez
De "fotógrafo máis internacional da historia da Costa da Morte" a "Maestro Fotógrafo" pasando antes polo premio de "Calidade fotográfica". Todo esto, nunha mesma persoa: Marcos Rodríguez.
A Federación Española de Fotógrafos - FEPFI - vén de recoñecer todos os méritos acadados polo fotógrafo de Carballo afincado en Cee ao longo do 2016 enviándolle hoxe dúas cartas. Nunha comunicáballe que cumpre cos requisitos aos que se refire o artigo 19 do Regulamento de Recoñecementos e Méritos da FEPFI polo que lle outorgan o título de "Maestro Fotografo". E na outra, informarono de que despois de obter durante tres anos consecutivos a Colección de Honra (2014, 2015 e 2016) ten os requisitos previstos no artigo 24 do Reglamento de Recoñecementos e Méritos da FEPFI para concederlle o "Premio de Calidade Fotográfica".
Aínda non hai data nin lugar para a entrega dos títulos polo que de momento só podemos darlle a nosa máxima noraboa mentras agardamos os resultados dos European Photographer of the Year Awards 2017 - que outorga a Federación Europea de Fotógrafos Profesionais - nos que Marcos Rodríguez é un dos 10 finalistas a Fotógrafo Europeo do ano.
O pazo da Cultura de Carballo acolle ata o vindeiro 23 de abril a mostra "Asunción, María e José" na que Marcos Rodríguez captura ducias de historias dos nosos maiores. A exposición fotográfica pódese ver no andar -1 do Pazo carballés de luns a domingo en horario de 17 a 21 horas.
Novas relacionadas
- Marcos Rodríguez, o fotógrafo máis internacional da historia da Costa da Morte, expoñendo na casa
- Marcos Rodríguez aspira a gañar a Cámara de Ouro dos Fotógrafos Europeos
- Marcos Rodríguez representará por terceira vez a España no Mundial de Fotografía.
- Marcos Rodríguez, “Fotografo Distinguido” e doble “Fotógrafo do ano” pola FEPFI.
- O centro Cívico de Malpica acolle a exposición “Asunción, María e José” do fotógrafo Marcos Rodríguez:
- Dúas fotos de Marcos Rodríguez seleccionadas como finalistas nos premios Andalucía da Imaxe.
- Marcos Rodríguez homenaxea á xente da Costa da Morte a través dunha exposición de fotografía
- Marcos Rodríguez, de nominación en nominación
- Marcos Rodríguez aspira a convertirse no Quijote da fotografía estatal.
- “Repetir a medalla de Prata da Copa do Mundo de Fotografía antóxase difícil, pero soñar é gratis”.
- “Gañar a medalla de prata nunha Copa do Mundo de Fotografía cunha imaxe da Costa da Morte… Emocióname”.
- Redacción QPC ([email protected])