![exposicion-stoupa-cee]()
exposicion-stoupa-cee
Ao longo do mes de febreiro, a xuventude da fotógrafa Mar Cerviño e a veteranía do ceramista Nacho Porto danse da man para protagonizar unha exposición conxunta en
Stoupa, Cee.
A fotógrafa de Corcubión presentará a colección “Pela luz dos seus olhos”, unha serie de 16 fotografías tomadas en Río de Janeiro no verán de 2014 nas cales retrata a gran beleza cultural e paisaxística da cidade, así como os seus grandes contrastes sociais.
Pola súa banda, Nacho Porto presenta un repaso polos seus últimos proxectos, nos cales propón unha aproximación da cerámica á tecnoloxía e unha reformulación dos usos das súas pezas: soportes para memorias USB, altavoces cerámicos para o teléfono móbil, ‘manos libres’… Unha fusión entre a vangarda e a tradición oleira que se verá reflexada nas máis de vinte pezas que conforman a colección.
Horario
A exposición poderá visitarse ata finais de febreiro no horario habitual da tenda; de martes a sábado de 11 a 14 horas e de 17 a 21 horas e os domingos só en horario de mañá.
Novas relacionadas
Fonte