Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Garda Civil intervén 1737 pezas de roupa falsificadas no mercadillo de Vimianzo

A Garda Civil intervén 1737 pezas de roupa falsificadas no mercadillo de Vimianzo
Mercadillo de Vimianzo Un posto calquera do Mercadillo de Vimianzo Non lembramos unha acción así polos mercadillos da comarca ante os supostosdelitos de Propiedade Industrial. Pero este xoves, a Patrulla Fiscal da Garda Civil de Vimianzo procedeu á detención dun veciño de Carballo como presunto autor dun delito contra a Propiedade Industrial. Os feitos tiveron lugar tras unha inspección realizada nun mercadillo de Vimianzo (todososxoves) onde a forza puido observar un posto con numerosas pezas aparentemente falsificadas e expostas para vender de forma ambulante. O total das pezas incautadas pola Garda Civil ascendeu á cantidade de 1737 entre distintas marcas, cun valor aproximado de 36.070€. Descoñécese de onde proviña o xénero exposto. Dáse a circunstancia de que en numerosas ocasións os comerciantes da zona queixáronse do que presupoñen como unha competencia ilícita.  

Fonte

Redacción de QPC

Comentarios