Sábado. 26.09.2020
El tiempo

A imputación de Villar Mir devolve o caso Ferroatlántica ao Parlamento

A imputación de Villar Mir devolve o caso Ferroatlántica ao Parlamento
Ana Ponton e Luis Villares no Parlamento preguntando por Villar Mir Ana Pontón e Luis Villares no Parlamento preguntando por Villar Mir

Salpican as operacións de corrupción do PP estatal á realidade socio-política costeira. Así o entenderon os grupos do BNG e En Marea que esta mañá de mércores 26 de abril levaron as súas queixas ao Parlamento Galego trala imputación do empresario Villar Mir na Operación Lezo. O ex ministro de Franco, e propietario, entre moitas grandes corporacións como OHL, de Ferroatlántica, será investigado por suposto financiamento ilegal do PP. Deste xeito, a intención do seu grupo de vender as fábricas hidroeléctricas da Costa da Morte en contra dos seus traballadores devolve a Operación á nosa bisbarra.

BNG: “As centrais do Xallas non serven para pagar favores

”Un asunto cada vez máis turbio”, calificaba Ana Pontón, voceira do BNG, a pretensión ilegal do empresario de vender as centrais do Xallas co único fin de “facer caixa, coller o diñeiro e pirarse” a costa dunha concesión que garante o mantemento das plantas de CEE e Dumbria. ”Advírtolle que Galiza non está para pagar as mordidas, nin os favores que o PP lle debe a Villar Mir. Favores polos que, é evidente, leva meses intento pasarlles a factura. Factura que ten un concepto moi claro: venda ilegal das centrais do Xallas”, denunciou Pontón.

Pese a lembrarlle o novo ultimato da empresa e que na Costa da Morte “hai centos de postos de traballo en xogo”, Feijóo evitou o asunto e se limitou a recoñecer que “puiden ter feito algunha cousa mal, pero o meu compromiso é con Galicia, Galicia, Galicia”.

“Galiza, Galiza, Galiza quedou transformado en PP, PP, PP esquecendo o seu compromiso”, recriminou Pontón tras sacar a colación a “xenerosa doazón de Villar Mir á Fundación Fraga ou a adxudicación a dedo por 1,3M€ da xestión dos albergues do Camiño de Santiago á construtora OHL, tamén propiedade do agora imputado neste novo caso de financiamento ilegal do PP.

Neste contexto, Pontón pediu a Feijó unha comisión de investigación que analice todas as adxudicacións e contratos públicos ao grupo Villar Mir e todo o financiamento ao PP por este empresario. “Poña fin a este turbio asunto da venda ilegal declarando neste Parlamento que as centrais do Xallas nin se venden, nin se segregan”, reiterou.

En Marea: “Non condene aos traballadores de Ferroatlántica para pagar favores a Villar Mir“

Luis Villares, portavoz de En Marea preguntou ao presidente da Xunta de Galicia se a súa política industrial pasa por “devolver os favores a Villar Mir“, imputado polo financiamento ilegal do Partido Popular. “Era inexplicable a ambigüidade con relación a Ferroatlántica agora sabemos porque“ salientou Villares, “tiñan que devolver favores polo financiamento ilegal do seu partido“. O portavoz de En Marea lembrou que os traballadores e traballadoras posicionáronse de xeito unánime en contra da intención da empresa de vender as centrais e das autorizacións que a Xunta de Galicia quere autorizar.

“Non escape para xustificar a súa posición en favor ás intencións da empresa falando de convenios asinados fóra xa que ten competencia para rexeitar a segregación das centrais e polo tanto está nas súas mans garantir o emprego na comarca da Costa da Morte ou condenalos para pagar favores aos que financian ilegalmente ao seu partido“ manifestou Villares. “Perdemos 35.000 empregos industriais e non queremos perder 500 máis e para iso é preciso non autorizar a segregación“ concluíu o portavoz de En Marea.

 

Novas do #CasoFerroatlántica

Artigos relacionados

  Fonte

comentarios