Buserana tece redes polo 8M
Este domingo, ademais de bragas e calcetíns, de queixos e xenus, de prantas e patacas, no Mercado dominical de Cee puideches atopar sororidade. A familia da Asociación Feminista Buserana decidiu aproveitar que o 8M coincidía con domingo para aproveitar o poder de atracción da feira, e colocar un posto informativo.
E foi todo un éxito. "Aumentamos socias, fixemos os nosos test feministas e vendemos moitas camisetas coa imaxe cedida por Viki Rivadulla para Buserana, con edición limitada, e que xa ten moitas encargas para unha segunda tirada", cóntanos Anuska Vázquez.
Con todo, o mellor de todo foi tecer pontes coa familia de Paseniño, que ademais de deixarlle a súa carpa, e agasallou ás mulleres cunhas chapas feitas para a ocasión.
A programa da Asociación continúa esta semana interactuando cos centros de ensino, a base de cine e reflexión.





