A Lotería deixa grandes Premios en Carballo e Cee
Boas novas nos deixa a Lotería de Navidad na Costa da Morte. Varios premios, e dos gordos deixou a Lotería en Carballo e en Cee. Por Cee tocou un 2º premio, mentres por Carballo foron varios os que caeron, entre eles o Premio Gordo. Unha suma total de máis de 10 millóns de euros para a Costa da Morte.
Grandes premios en Carballo
O Gordo, o 13437, caeu na administración nº2 Alexandra, carballesa situada en Desideiro Varela, 8. Foi unha serie vendida, nada menos que 4 millóns de euros.
Pero é que ademais, o 2º Premio, o 92.845 con 125.000 € ao décimo, onde venderon un décimo na Rúa Estrela, 3, onde tamén venderon outro 4º, o 67.009, con 200.000 euros e 20.000 euros ao décimo foi vendido tamén na rúa Estrela, 3. Ademais, na rúa Gran Vía 77, vendíanse 2 décimos do 4º Premio, o 07617, 20.000 cada décimo.
Un 2º en Cee
Estaba Camilo facendo cafés no Hotel La Marina, cando recibía unha chamada da Delegación de Madrid. Vendera un boleto, validado por máquina na administración mixta do hotel ceense, co 2º premio, 92845, super repartido por toda España. Un décimo que vale 125.000€, pero non se sabe se o premiado é da casa ou un visitante.
”A alegría é fantástica, nunca dera premio”, asegurábanos Camilo mentres esperaba que tocase o Gordo…