Sábado. 05.10.2024
El tiempo

A natación e a música tamén chegan ás escolas de Cee

A natación e a música tamén chegan ás escolas de Cee
Rapaces do Colexio Manuela Rial facendo natación en horario lectivo co programa Natación na Escola Rapaces do Colexio Manuela Rial facendo natación en horario lectivo co programa Natación na Escola do ano pasado

Do mesmo xeito que a vela, a natación tamén se van a incluir no programa de estudos dos centros educativos de Cee. Faino Gracias ao convenio asinado entre o director da Zona Noroeste de Ferroatlántica, Carlos Oliete, e o alcalde de Cee, Ramón Vigo. A empresa renova o convenio ademais da Escola de Música, un referente na comarca.

De música

A Escola Municipal de Música Cee, posta en marcha no ano 1999, constitúe un referente na comarca, en materia de educación musical. Actualmente, o centro conta con 140 alumnos de seis anos en diante, incluíndo adultos, procedentes non só de Cee, senón tamén doutros concellos da comarca, como Vimianzo, Muxía, Corcubión, Fisterra, etc… Todos eles reciben clases en materias como música e movemento, linguaxe musical e educación vocal e auditiva. A axuda de Ferroatlántica destinarase á adquisición de material necesario para o óptimo desenvolvemento da actividade da escola.

De natación

En canto ao programa "Natación na Escola", trátase da terceira edición dunha iniciativa que naceu co obxectivo de estimular a incorporación de actividades deportivas á organización dos centros escolares, por consideralas un instrumento capital para o coñecemento da contorna e factor de dinamización dos centros, ademais de ser unha fórmula válida para a progresiva extensión dos espazos de participación social dos alumnos e alumnas. O éxito das anteriores edicións traduciuse nun incremento de 35 usuarios, con respecto ao ano pasado.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios