Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Nova directiva da ANPA do IES Agra Raíces continúa a súa loita e xa teñen cita coa Xefatura Provin

A Nova directiva da ANPA do IES Agra Raíces continúa a súa loita e xa teñen cita coa Xefatura Provin
Renovouse a Directiva da A.N.P.A. do IES Agra Raíces de Cee, logo de todas as mobilizacións levadas a cabo pola anterior directiva. Pero continúa en pé de guerra ante "a discriminación dos actuais dirixentes da Consellería de Educación, coa supresión de profesorado e recortes importantes para o bo desenrolar da vida da ensinanza de Cee". Os pais e nais levan alzando a voz para tratar de impedir esta discriminación, e "dende esta nova Xunta Directiva farán o imposible para conseguir que o Agra de Raíces continúe sendo un Centro de Ensino de Referencia para os nosos fillos en Cee e no resto da Costa da Morte". Polo de pronto xa están traballando, e como saben que as manifestacións valen máis que mil peticións, despois dos múltiples intentos de comunicación realizados pola nova Presidenta, Rosa Canosa, coa Consellería, xa teñen unha entrevista programada con Inspección Territorial da Coruña da Consellería de Educación. para este xoves 18 de novembro do 2010 ás cinco da tarde na Territorial da Coruña no Edificio Administrativo de Monelos. Para asistir á citada reunión, que polo pactado coa Xefa Territorial, dona Teresa Villaverde, debe de ser a tres bandas (Consellería de Educación, Dirección del Centro e A.N.P.A Raíces) acordouse en Asemblea de Xunta Directiva por urxencia, que a representación da esta A.N.P.A. esté formada pola Presidenta, Rosa Canosa, polo Secretario, Víctor Conde e dúas vogais da Asociación. Agardaremos novas da xuntanza.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da A.N.P.A. "RAÍCES" da man do seu secretario, Víctor H. Conde López.

Comentarios