A nova fornada de alumnos graduados do IES Agra de Raíces
Onte 15 de xuño, foi o día elexido polo IES Agra de Raíces para celebrar a graduación unha vez que os alumnos de BACH viñeron de facer as probas da nova selectividade, agora chamada ABAU. Este ano gradúanse 51 alumnos de bacharelato e 27 do ciclo de Sanitaria.
O acto de graduación, celebrado na Casa da Cultura do Concello de Cee, foi conducido brillantemente este ano polos alumnos Marco Lado, Carlos Busto, Sibila Leis e María Santalla. Interviron ademais a directora María Belén Pais Lago, a alumna de Bach Sara Fraga e de Ciclo Noelia Fernández con sendos discursos, mostrando videos emotivos, os cales fixeron que as bágoas asomasen polas meixelas de compañeiros e profesores. As actuacións musicais correron a cargo de dos alumnos de 3 ESO Alexandra Suárez e Alberto Pérez que interpretaron Wrecking Ball de Miley Cyrus e dos alumnos de 2 BACH Sara Fraga, Nuria Campos e Xabier Castro que obsequiaron aos seus compañeiros con Let her go de Pasengers
Foron horas de emoción para os graduados, os seus profesores e, de manera especial, para familiares. No caso dos alumnos de Bacharelato, péchaselles, así, unha etapa educativa para comezar outra. Dende a dirección do centro esperan que obteñan un bo resultado nas probas de acceso á universidade e alcancen éxito na súa carreira profesional. E no caso dos alumnos de ciclo, dende o IES Agra de Raíes, deséxalles éxitos no comezo na súa etapa profesional.
Novas relacionadas- O alumnado do IES Agra de Raíces visita Francia.
- O IES Agra de Raíces celebra a súa Semana Cultural
- O IES Agra de Raíces está de wiki-noraboa
- O Agra Raíces abre o seu Rastro Solidario.
- O Agra Raíces pechou o curso máis Solidario.
- Redacción QPC ([email protected])
- IES Agra de Raíces