Sábado. 20.07.2019
El tiempo

A Operación Orquesta queda sen músicos

A Operación Orquesta queda sen músicos
Operacion Orquesta - Foto: Marcos Rodríguez Imaxe do 31 de xaneiro do 2011 cando comezou a Operacion Orquesta - Foto: Marcos Rodríguez Vaise desinflando aquela poderosa trama de corrupción política que un día azotou a Costa da Morte. 4 alcaldes e case unha ducia de detidos para aquela operación con tintes cinéfilos. Pero os protagonistas van, paseniño, ao ritmo lento do pasodoble que marca a xustiza, baixando do escenario. A pasada semana o Xulgado de Corcubión absolvía ao ex alcalde de Corcubión, Francisco Lema, Chisco, da trama, así como varios construtores cos que, se acusaba, amañaban contratos de obras. Lema únese aos desimputados da parte separada de Fisterra deixando á fronte da verbena, a dous protagonistas. Un, o ex alcalde de Mazaricos, preferiu quedar hai tempo en segundo plano. Ao outro, vaille o baile. O alcalde de Cee, Ramón Vigo, mantén viva a Orquesta na causa separada máis complexa. Despois de ser descabalgado por unha moción de censura, quixo recuperar o trono facendo unha insólita campaña dende o Hospital, e volveu alzarse coa alcaldía demostrando que a cidadanía da Costa da Morte cre máis no día a día do cemento e as verbenas que nos ditames da xustiza. Aínda quedan meses para que o xuízo se realice a pesar de que xa pasa dun ano e 4 meses que se abriu o xuízo oral. O rexedor terán que enfrontarse aos presuntos delitos contra a Administración Pública, nas súas modalidades de tráfico de inluencias, prevaricación e suborno, ademais de malversación de fondos públicos e tamén por suposta falsificación de documentos públicos, oficiais e mercantís.

Novas da Operación Orquesta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios