Venres. 19.04.2024
El tiempo

A piscina de Cee, pendente dunha nova denuncia de Unión Cidadá por presunta prevaricación e malversación

A piscina de Cee, pendente dunha nova denuncia de Unión Cidadá por presunta prevaricación e malversación
Comezaron as sesions de limpeza na piscina de Cee O pasado mércores comezaron as sesións de limpeza na piscina de Cee-Foto-Rafa Quintáns Semella que máis de 2 anos e medio despois, volverá abrir a piscina de Cee. Así o anunciaba o alcalde despois de asinar o contrato para a cesión das instalacións municipais mediante xestión interesada. De feito, o pasado mércores xa comezaban as xornadas de limpeza da piscina, e as obras de mellora terán que empezar de inmediato se se quere abrir antes de que remate o ano. Iso, se non acontece ningún obstáculo máis, que pode chegar de forma xudicial. O voceiro de Unión Cidadá, Víctor Somoza, vén de presentar un escrito no Concello, e tamén unha denuncia na Fiscalía Anticorrupción e Crime Organizado, por presuntos delitos de prevaricación e malversación na adxudicación da piscina. Como xa fixo coa condonación da débeda da comisión da Xunqueira, Somoza volver deixar en vilo a todo un Concello, e leva o pleno do 28 de setembro aos xulgados por entender que “non respectou o plan económico financieiro que poden levar á intervención do concello por parte da administración, ao peche da piscina, e á subida de impostos desproporcionados para facer fronte aos ata 720.000€ que lle pode chegar a custar aos veciños esta saída”. Unha situación que obrigaría ao Concello a suprimir as subvencións de asociacións... e ademais obrigaría a subir os impostos. Somoza pide a nulidade da resolución da adxudicación de xestión interesada, e mesmo sinala que “no momento de liquidar o contrato, se hai gastos para o concello, sexan os concelleiros que votaron a favor os que o paguen e que sexan procesados polo enxuizamento contable do Tribunal de Contas, para que non lle custe un céntimo aos ceenses”. Somoza lembra que a lei de Facenda deixa claro que “non poderán adquirirse compromisos de gasto por contías superiores ao importe dos créditos autorizados no estados de gastos”. Somoza matiza que “estamos totalmente dacordo con que se abra a piscina, pero con todas as garantías económicas e de viabilidade da mesma”. “Cando se goberna hai que ter en conta os informes de intervención e as posibles consecuencias, cousa que non se fixo no pleno do 28 de setembro”, lembrando que o informe da interventora sinala unha “fiscalización desfavorable”. O contrato ten unha duración de 6 anos con posibilidade de prórroga por 3 anos máis, e ademais dos 80.000€ de concesión anual (o que sumarían os 720.000€ nos 9 anos de contrato), o convenio inclúe que o Concello terá que afrontar calquera obra, mentres que pola contra non hai ningún estudo de ingresos previstos. Así, para Somoza debe quedar anulado o contrato pois non hai partidas a día de hoxe formuladas para isto. Para Somoza (que xa se ofreceu varias veces para asesorar ao concello) o mellor sería a xestión directa polo concello ou por unha mancomunidade dos servizos para afrontar conxuntamente os gastos, como obriga a lei, que pode chegar a obrigar a fusionar concellos.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-piscina-de-cee-abrira-antes-de-remate-o-ano/ https://quepasanacosta.gal/o-deteriorio-do-centro-de-saude-unese-ao-estancamento-da-piscina-para-demostrar-a-paralise-do-concello-de-cee/

Comentarios