Venres. 26.04.2024
El tiempo

A privatización da Escola de Música xera debate na vila da Xunqueira

A privatización da Escola de Música xera debate na vila da Xunqueira

Non cabe dúbida de que a Escola de Música de Cee é toda unha referencia na comarca. Un servizo de primeira que leva anos por riba das súas posibilidade. Hoxe, o Concello, endebedado ata arriba, prantéxase a necesidade de "externalizar os seus servizos". Algo que dende a oposición se ve como "unha privatización", e por exemplo, dende o BNG, en contra da mesma, afirman que “a externalización deste servizo traerá consigo una forte subida no prezo por neno ou nena que os pais deben pagar, tal é como recoñeceu a alcaldesa en plenos pasados”.

Ademais, o cadro de persoal verase reducido, e o único funcionario existente, o director, verá reducida a súa xornada, pólo que inevitabelmente a súa adicación será menor. Unhas medidas que non gustan nada no seo do grupo do BNG. Un grupo que pide ao Concello que "explore outras alternativas de viabilidade, como pasar a escola á rede de conservatorios de Galiza ou mancomunar o servizo con concellos do arredor, xa que alumnos e alumnas deses concellos tamén acuden a escola”.

E segundo apunta o teniente alcalde, o edil non adscrito, Dani Oca, asume que "o Concello non pode xestionar a Escola de Música, por imperativo legal, ademais. O déficit, só en termos económicos, nos últimos anos, é absolutamente insalvable. Hai que pagar un novo crédito de 800.000€. Ademais, co novo decreto de Rajoy, agora non se pode contratar temporalmente, e os sucesivos gobernos de Cee foron cometendo un fraude continuo neste sentido".

Oca repasa que "a día de hoxe os usuarios pagan 18€/mes, que sae a menos de 1€ á hora. É algo insostible. Non é só a Escola de Música, son moitos servizos os que non se sosteñen por si sós, e dadas as contas, hai que buscar novas alternativas. Nós queremos manter a Escola de Música, pero temos que facer un saneamento das contas do Concello. É un dos temas máis dolorosos dos que nos estamos afrontando por mor das débedas".

O que si asegura Oca é que "O Concello vai explorar novas vías para manter o profesorado e a calidade do ensino, e para que a Escola de Música manteña as condicións máis próximas ás actuais. Daremos conta dos avances en canto poidamos".

Festival no Centro Social

E noutro orde de cousas, a Delegación de Presidencia, Benestar, Igualdade e Persoal do Concello de Cee organiza o festival do Centro Social terá lugar os días 2 e 3 de xuño. O festival será ás 21.00h no salón de actos do Concello, e custará 1€. Nel contarán coa actuación:

  • Pandereteiras do Centro Social.
  • Coral do Centro Social.
  • Actuación dos grupos de teatro de Brens coa obra " Un asilo para mamá" dirixida por Toño Casais e o grupo de teatro do Centro Social coa obra " Sala de espera" dirixida por Artur Trillo.

Ademais epcoñense os cadros dos participantes do curso de pintura que se esta a levar a cabo no Centro Social dende o mes de maio.

Novas relacionadas

Comentarios