Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un mar de verbas e libros en Cee polas Letras Galegas

Un mar de verbas e libros en Cee polas Letras Galegas

Reviravolta, aturuxo, xurelo, xeito, parafuso, funil, landra, foliada... máis de 200 palabras galegas adornan os espazos comúns dos IES Fernando Blanco, penduradas ao longo dos corredores e nos ocos das escaleiras.
Está a curiosa inicitaiva do centro ceense, unha exposición comeza xa na entrada do centro, con dous paneis que falan da "forza das palabras", en conmemoración do día das Letras Galegas 2012. Ditos paneis proveñen dunha obra de teatro representada hai tempo, e son agora o resultado da reciclaxe levada a cabo polo profesorado participante nesta actividade.

Alumnado da ESO, EPA e Bacharelato adicaron o seu tempo e esforzo a recortar, ao longo da semana pasada, as letras que habían de compoñer esta mostra de palabras da nosa lingua. Este traballo quedou recollido visualmente nun vídeo que poderá ser visto ao longo da semana na Biblioteca do centro.

A Editorial Galaxia fai unha doazón de libros ao Concello de Cee

Ademais, o Concello de Cee tamén é protagonista en materia de libros. I é que, con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cee, a Editorial Galaxia fixo unha doazón de libros ao concello para os nenos e nenas de Primaria.
Trátanse de setenta e cinco exemplares de O neno mintirán e o lobo, conto enraizado na tradición oral galega.

Con este donativo, a Editorial Galaxia quixo contribuír á difusión da cultura tradicional galega así como ao fomento da lectura en galego entre os máis pequenos. A entrega dos libros farase ao longo desta semana no CEIP Eugenio López, no CPR Manuela Rial Mouzo e na Escola Unitaria de Brens.

Novas relacionadas

Programas das Letras Galegas

Fonte

  • Notas de prensa do Equipo de Normalización lingüística e Equipo da Biblioteca do IES Fernado Blanco e mais da Editorial Xerais.

Comentarios