Martes. 19.02.2019
El tiempo

A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica

A Xunta descarta un ERE en Ferroatlántica
ferroatlantica cee Ferroatlántica ten uns 400 postos de traballos directos na Costa da Morte “A empresa non presentou ningún ERE” sentenciou esta mañá o presidente da Xunta de Galicia - Alberto Núñez  Feijóo - en relación á posible operación de venta das fábricas de Ferroatlántica na Costa da Morte. Ésta foi a primeira vez que Feijóo se manifestou sobre o tema a pesar de que o comité de traballadores solicitou por varias vías unha reunión con el xa que entenden que "a Xunta é a única que pode paralizar e desautorizar esta operación especulativa". Nas declaracións de hoxe, Feijóo indicou que neste conflito a Xunta non ten que falar coa empresa, senón que utiliza o “dereito administrativo” e descartou que, polo momento, haxa un interese da empresa en suprimir postos de traballo porque non hai ningún Expediente de Regulación de Empresa presentado. “Primeiro hai que ver a proposta da empresa, pero por parte da Xunta a nosa prioridade é manter os postos de traballo en Cee e en Dumbria”, suliñou. Así, insistiu en que para o goberno galego “ten un enorme interese” o mantemento da actual factoría de Ferroatlántica na comarca. “A fábrica de Cee ten unha actividade importante na comarca e, para nós, ten un enorme interese”, suliñou ao ser preguntado por Galicia Confidencial na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta. O comité de empresa mobilizouse nos últimos días en contra da intención da dirección de vender a factoría. Temen que se produza un ERE encuberto. Por iso, solicitaron o apoio dos concellos de Cee e Dumbría que tamén se opoñen a unha venda da empresa. Solicitude do concello de Vimianzo Pola súa banda, o alcalde do concello de Vimianzo - Manuel Antelo - vén de enviarlle unha solicitude ao presidente da Xunta de Galicia pedíndolle unha entrevista para expoñerlle persoalmente o desastre económico que suporía para o territorio da Costa da Morte a segregación e venda das centrais e do tecido de produción eléctrica da empresa Ferroatlántica. Esta semana o alcalde xuntouse, xunto cos de Dumbría, Cee, Mazaricos, Corcubión, Fisterra, Muxía e Zas, cos representantes do comité de empresa de Ferroatlántica, quenes lles mostraron aos rexedores a súa preocupación polo feito da segregación e venda das actividades de produción enerxética que Ferroatlántica ten na comarca.  

Novas relacionadas

  Fonte  
Comentarios